22 de octubre de 2009
22.10.2009
Guillerme Vázquez - Portavoz nacional do BNG

"O BNG rexeita o porto de Massó. A dirección política e o grupo municipal"

"A clave non está no Concello, senón na Autoridade Portuaria", afirma

22.10.2009 | 05:01
Vázquez, con Moncho Millán, onte na asamblea comarcal.

O "número un" do Bloque Nacionalista Galego asistiu onte pola noite á asamblea comarcal desta formación política, que se celebrou en Vilaboa, para "intercambiar opinións e participar no debate sobre as cuestións que afectan ao país", así como dar respostas desde a dirección sobre os asuntos de interese plantexados".

–No Morrazo, como no conxunto de Galicia, quedou patente unha "pluralidade de sensibilidades" dentro da súa organización política. ¿Está xerando problemas de convivencia?

–Celebrouse unha asamblea nacional democrática e representativa, e eliximos unha dirección e unha liña política. Hai opinións, pero foi o que decidimos, e ata que haxa outra asamblea imos seguir nela. Mentres non chega, adicámonos a traballar.

–No conflicto do porto deportivo de Massó, en Cangas, non quedou ben claro se a dirección política do BNG está en sintonía co seu grupo municipal, coa alcaldesa ao frente. Mesmo á hora das manifestacións...

–O BNG ten unha opinión clara ao respecto, e é que non está a favor desas obras. Non nos parece oportuno nin correcto que se executen, e manifestámonos con claridade en todos os ámbitos, desde o convencimento de que son outros os que teñen as competencias para paralizalas. A clave non está no Concello, senón na Autoridade Portuaria. Ao respecto existe armonía entre a dirección política e o grupo municipal, non hai asintonía.

–O Morrazo ten unha longa tradición de gobernos de esquerda, e despois dun paréntese volve a estar ao frente dos concellos, con alcaldes nacionalistas en Cangas, Moaña e Bueu. ¿Que valoración fai do seu traballo?

–Están a desenvolver unha boa labor. Nesta comarca xa houbo rexedores do BNG ao longo da democracia, como Euloxio López en Cangas, Xabier Abalo en Moaña ou Xosé Novas en Bueu. Agora outros alcaldes nacionalistas volven a estar ao frente grazas ao respaldo popular, porque a política que practica o PP non convence a moita xente, e a do BNG si. Os cidadáns responden e deciden votar en función desa política e do traballo realizado. Un exemplo é a importancia que o idioma ten para cada un. A manifestación para promover a defensa do galego deixouno ben claro días atrás.

–A Xunta ven de presentar os orzamentos para o próximo ano, e seguramente a vostede non lle gustan...

–Bueno, hai non moito o PP esixía ao goberno anterior solucións para a crise económica que estamos a padecer. Agora gobernan eles e non dan resposta ás necesidades do país. Son uns orzamentos pouco ambiciosos e creíbles. Os investimentos diminúen en todas as consellerías, e os gastos sociais, en sanidade ou educación, son insuficientes. En suma, non sirven para afrontar os problemas dos cidadáns e a crise económica.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine