24 de abril de 2009
24.04.2009

O IES María Soliño abre hoxe a XIII Mostra de Teatro de Ensino Secundario

Participan grupos de sete institutos da comarca e rematará o vindeiro xoves

24.04.2009 | 02:00
Pedro Pablo Riobó e Rosa Cabada presentaron onte a programación da XIII Mostra

A Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo regresa ao instituto María Soliño, oito anos despois, para acoller a 13ª edición, que comeza hoxe coa participación de sete grupos vencellados a outros tantos institutos do Morrazo. Ás dez da mañá serán os anfitrións, o Obradoiro de Teatro María Soliño, os que abrirán o telón coa posta en escea de "A deshora", de Pedro Pablo Riobó, e que inclúe un texto de "Ay...., hombres!", de Taller de Teatro e Sergi Belbel. Trátase dun espectáculo musical," un music-hall con sorpresas", segundo explicou onte o propio autor. Ao mediodía será o turno de Teatro da Réplika, do IES de Rodeira, que representará "A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demos dos cornos", de Gloria Sánchez e Miguel Vázquez Freire.

O programa da XIII Mostra continuará o luns pola mañá con dúas representacións: "Os noivos da Torre Eiffel", de Jean Cocteau, a cargo do grupo de teatro do IES As Barxas, de Moaña, dirixido por Vanesa Sotelo; e "As vodas de Fígaro", de Caron de Beaumarchais, que porán en escea os membros do grupo de teatro do colexio Eduardo Pondal, dirixidos por Guimar López. O martes será o turno do grupo de teatro Filigrana, da Anpa do IES A Paralaia, de Moaña, dirixido por Antón Lamapereira, que representará "A avoa Sol e as Trece Rosas", de Maxi de Diego e traducción do Departamento de Lingua Galega. A continuación, o grupo de teatro "Faise escuro", da Anpa do IES de Rodeira, tamén dirixido por Lamapereira, porá en escea "Gilipollas! Somos ou estamos? Gilipollas", sobre textos de varios autores.

Os "Comediantes Anónimos", do IES Johán Carballeira, de Bueu, representará o mércores "A illa amarela", de Paloma Pedrero e con Asun Sóñora na producción executiva. Os dous institutos de Marín, San Narciso e Illa de Tambo (antes Salvador Moreno), non participan nesta edición, segundo comunicaron os organizadores.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine