23 de abril de 2009
23.04.2009

Das cartas ó cara a cara

Alumnos de Ponteareas visitan Bueu dentro dunha experiencia de intercambio

23.04.2009 | 02:00
Unha foto de grupo na entrada do Museo Massó.

Bueu recibiu onte a visita dun grupo de máis de sesenta alumnos do IES Pedra da Auga de Ponteareas. Os rapaces acudiron a vila dentro dunha experiencia de intercambio cos seus compañeiros do instituto Johán Carballeira, unha actividade organizada polos equipos de normalización lingüistica dos dous centros. Os rapaces carteáronse dende o mes de decembro e algúns incluso continuaron esa comunicación nos chats de Internet. Pero onte, despois de varios meses de cartas e chateos, chegou o momento da verdade: o cara a cara.

Os alumnos de terceiro da ESO do Johán Carballeira de Bueu e do Pedra da Auga de Ponteareas comezaron a cartearse aló polo mes de decembro. Foi o comezo dunha actividade de intercambio cultural impulsada polos equipos de normalización lingüística dos dous centros e que onte culminou co encontro dos rapaces e rapazas. Eran 62 estudantes da vila do Condado e 33 da vila buenense, acompañados por cinco mestres. Despois da lóxica timidez inicial no encontro cara a cara, a cousa funcionou e ambos grupos viviron unha gran xornada de convivencia.

Os alumnos de Ponteareas chegaron a Bueu a primeira hora da mañá e foron recibidos no salón de plenos do Concello de Bueu. Alí estaba o alcalde, Félix Juncal, e as concelleiras de Igualdade e Promoción Económica, Laura Ogando e Miriam Ferradáns. O rexidor faloulles dos encantos da vila e invitounos encarecidamente a voltar de novo xunto coas súas familias. Despois desta parte institucional, os estudantes e os mestres foron cara o Museo Massó, onde fixeron unha visita guiada a través das súas diferentes salas. Foi un xeito excepcional de que os rapaces de Ponteareas se achegasen á cultura mariñeira e conserveira dunha vila como Bueu.

A seguinte parada do camiño tamén estaba moi vencellada ó mundo do mar: a Confraría de Pescadores de Bueu e a súa lonxa. Alí xa os agardaba o biólogo do pósito, Alberto Garazo, que de xeito ameno e claro explicoulles como funciona esta entidade e cales son as especies máis importantes que se subastan na lonxa buenense. Tamén se falou da posibilidade de convocar un premio de investigación dirixido a escolares e sobre o mundo da pesca, unha iniciativa que se incluiría no Proxecto BueuINforma.

Coñecendo Ons

A última parte da excursión foi quizais a máis emocionante para os alumnos: a illa de Ons. Colleron o barco ás 13.30 horas e despois de comer foron ata o faro e a enseada de Caneliñas. A experiencia do intercambio cultural chegou aquí a un dos seus momentos máis intensos: algúns dos rapaces do Johán Carballeira son descendentes de xente de Ons e puideron contarlle ós seus novos amigos de Ponteareas como era a vida nunha illa que carecía de moitos servizos básicos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine