Que non se preocupe ninguén. A Banda do Río non se vai quedar sen troula nin festa. A asociación Troula na Banda xa leva tempo preparando unha nova edición do seu festival e coa edición deste ano vaise convertir nun dos máis lonxevos do municipio: oito edicións.

O cartel está aínda aberto pero xa se van coñecendo algunhas cousas. Por exemplo, a presencia dunha prometedora banda madrileña chamada 13 Bats. Trátase dun trío formado por Dani, Al-bert B e un baterista de California chamado Carter. Os dous primeiros compoñentes pasaron por varias bandas punk e neste novo proxecto decidiron incluir as guitarras en plan rockabilly e un contrabaixo. No ano 2007 gravaron unha primeira maqueta, composta por catro temas, e a finais de 2008, dentro so selo discográfico Potencial Hardcore, gravan o seu primeiro disco e que se chama igual que a propia banda. Dende Troula na Banda aseguran que a súa música, na que tamén hai influencias dalgúns grupos psycho e do cine de mafia, “non ten desperdicio”. Ese traballo tamén vén acompañado dun videoclip especial e que foi rodado na prisión de Carabanchel apenas 15 días antes da súa demolición. Os impacientes poden velo no blog da asociación: http://troulanabanda.blogspot.com.

Os madrileños 13 Bats actuarán na primeira xornada do festival, o venres 7 de agosto. Esa xornada vaise completar coa actuación doutras tres agrupacións, pero das cales Troula na Banda non adianta aínda nada. Logo queda a xornada do sábado 8 de agosto, un día que nas edicións anteriores adícabase a Troula Ob-session.

O festival terá lugar na súa ubicación clásica: a pista deportiva do barrio de Banda do Río. Despois da desaparición da Noite do Trasno, que se celebraba no entorno de Cabo Udra, o Troula na Banda quédase como principal festival de referencia para a xuventude de Bueu. Dende a organización sempre se apostou por un formato de concertos gratuitos