01 de abril de 2009
01.04.2009
ÚLTIMA HORA
De la Serna rechaza presentar su candidatura al PP y apoya a Santamaría
morrazo

O penúltimo enterro de Casal

O enterrador municipal de Bueu acaba de xubilarse despois de 25 anos de oficio

01.04.2009 | 20:23
José Luis Otero Ferradás, coñecido como Casal, onte no paseo marítimo de Bueu.

Durante os últimos vintecinco anos foi o encargado de dar sepultura a gran maioría dos mortos que se rexistraron no municipio. Foron tantos que xa nin el mesmo sabe a canta xente enterrou. Pero agora chégalle a hora da xubilación e de colgar os bártulos. Onte foi o último día de traballo para Casal, o enterrador do Concello de Bueu, e toma a cousa con moito humor. Non é un home supersticioso e nunca entendeu moi ben as andrómenas e reparos dalgunha xente. "Hai persoas que teñen demasiada imaxinación, éste é un traballo como outro calqueira", sentencia.

O seu nome é José Luis Otero Ferradás, pero case ninguén o coñece como tal. En Bueu é sinxelamente Casal, o home que durante os últimos vintecinco anos enterrou a maioría dos mortos da vila. Da igual que fose en Bueu, Cela, Beluso ou na aldea de Ermelo. "Se te chamaban daba igual que fose domingo ou día santo", conta o xa ex enterrador. Onte foi o seu derradeiro día de traballo xa que acaba de xubilarse tras cumprir 66 anos. Pola mañá fixo o simbólico traspaso de poderes, entregando as chaves dos camposantos ó capataz da brigada de obras.

"É un oficio como outro calqueira, non ten nada de especial", asegura. Sen embargo, antes de chegar a ser o enterrador municipal deu unhas cantas voltas. "Eu era carpinteiro. Cando quedei no paro chamáronme para vir para o concello. Estiven de peón de albanel, no camión do lixo, de varrendeiro...", rememora agora. Tamén lle axudaba ó sepultureiro que traballaba naquel momento. "Cando tivo que marchar por unha enfermidade quedei eu provisionalmente. Despois de dous anos quedei coa praza, supoño que eu era o que máis acostumado estaba ó traballo", conta Casal, que admite que "a min gustábame". Co paso do tempo, viuse incluso na tesitura de ter que enterrar ó seu antecesor no cargo, un home chamado Benito.

Non é nada supersticioso e non entende moi ben as reticencias ou comentarios dalgunha xente. "Eu nunca vin nada raro nos cemiterios. Penso que hai xente que ten demasiada imaxinación. O de enterrador é un traballo máis e alguén terá que facelo", dí. "Estaba como na casa. Non o fixen nunca, pero creo que podería durmir alí mesmo", sentencia. Nin superstición nin temor algún, porque como enterrador el tamén era o responsable de pechar os cemiterios todos os días. "No inverno as oito xa era de noite. Sempre daba unha volta polo interior e daba unhas voces por se aínda quedaba alguén dentro", indica Casal.

Aparte de sentido común, tampouco lle falta sentido do humor. "Que se enterrei a algún vivo? Se ían vivos ou mortos non che sei, que eu non son forense. Eu poñía a porta, daba a masa, facía os ´llanos´ e listo. Ninguén viu nunca a petar na porta", asegura cun medio sorriso.

Traballo duro

Casal encargouse dos catros cemiterios do municipio dende o ano 1985 e as cousas cambiaron bastante dende aquela. "Antes o traballo era máis duro. Había que varrer, cortar a herba, botar o lixo fora, baldear...", explica. A carga foise alixeirando cando se pavimentaron os camiños interiores dos camposantos, algo que agradeceu bastante, sobre todo no caso de Cela. Aínda así, admite que a el xa non lle tocou a época das sepulturas no chan e de cavar coa pala na terra.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine