14 de diciembre de 2008
14.12.2008

Mulleres cheas de coraxe e iniciativa

Exposición sobre o seu traballo en Bueu

14.12.2008 | 01:00

Son vinte, aínda que poderían ser moitas máis. O Servizo Galego de Igualdade acaba de inaugurar en Bueu unha exposición co nome de "Pioneiras", un percorrido pola traxectoria dunhas mulleres que destacaron no seu tempo polo seu traballo e pola súa iniciativa. As persoas que se acheguen poderán coñecer a historia das seguintes mulleres:
-María López de Guadalupe, unha boticaria do século XVI.
-Aurora Liste Forján (1916-1984), unha leiteira de firmes conviccións comunistas (era irmá de Enrique Liste, que foi xeneral do exército soviético).
-Dolores Centeno López (1872-1950), unha armadora da vila de Bergantiños.
-Paz Parada Pumar (1905-2005), a primera doutora galega colexiada.
- María Martínez Otero (1905-2000), que dirixiu unha empresa de madeiras na Estrada.
-María de las Mercedes Gil y Acebedo (1742-1797), que foi boticaria en Betanzos.
-María Dolores Miramontes Mato (1895-1964), costureira e defensora do Estauto 1936. Estivo casada co alcalde de Santiago e editor Ánxel Casal.
-Eugenia Pereira Rodríguez (1895-1984), licenciada en Farmacia e investigadora.
-Dominga López de Somoza, que rexentou empresas de carbón no Madrid de Carlos IV e Felipe V.
-Isabel Maestre López (1873-1952). Empresaria "enérxica" do Barbanza con varias empresas.
-Joaquina García García (1879-1939), que deseñou os primeiros traxes impermeables para os mariñeiros.
-Amalia Méndez Fernández (1871-1959), que montou o primeiro cine de Marín.
-Xesusa Prado López (1897-1971), tintoreira e militante comunista, finada na Habana.
-Olimpia Valencia López (1898-1987), xinecóloga.
-Manuela Carballo Mouza (1877-1947), impulsora dos talleres de encaixe de Camariñas.
-Consuelo_Liñeira (1937-2001). Deseñadora de moda da Coruña.
-Francisca Morlán (1898-1996), mestra represaliada.
-Carmen Pérez (1902-1995), responsable dunha armadora.
-Carmen Pérez Gómez (1906-1996), a súa tenda foi a orixe de Supermercados Claudio.
-Celia Rivas (1913-1974), a primeira conductora de camións, no ano 1932.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine