03 de noviembre de 2008
03.11.2008
XOSÉ LÓPEZ - Recuperador de xoguetes 

"Os xoguetes antigos axudan á relación interxeracional"

A Casa da Xuventude pecha unha mostra con máis de 200 enredos tradicionais.

03.11.2008 | 04:18
Pepe López e Manolo García, disfrutando dos xoguetes na Casa da Xuventude.

G.M.P. ? Cangas
A Casa da Xuventude de Cangas pecha hoxe a exposición "Tempo de xogar", que recolle o traballo de recuperación de xoguetes tradicionais realizado desde hai máis de unha década por Xosé López e Xosé Manuel García, dous lugueses de Lourenzá que dispoñen xa de máis de 200 xoguetes xurdidos noutras épocas e que recuperan a actualidade. Manolo, máis reservado, é o encargado de debuxalos e darlle a forma definitiva, mentres Pepe recolle todas as notas útiles no seu caderno, e fai de voceiro á hora da entrevista.
- Como empezou esta afección por recoller e reproducir xoguetes antigos?
- Foi a finais de 1996 cando empezamos a falar desa posibilidade que nos parecía moi interesante, Manolo debuxa fenomenal, e eu empecei a anotar nun caderno as notas que nos servirían como base para o traballo. Coas primeiras pezas, en 1999 fixemos a primeira exposición na nosa vila, Lourenzá (Lugo), que deu pé para que a xente comezara a falar do tema e a traernos información, mesmo sen pedirlla. Naquel arranque xa logramos xuntar 70 pezas, que nos serviron para empezar a medrar.
- ¿Cantas pezas son orixinais e cantas reproduccións?
- Só media ducia de pezas son de época: a carrilana, a bicicleta de madeira, a chave de ferro, algún trompo... As demais están construidas a partires da observación e da referencia dos informantes, que nos foron diciendo como se facían. Manolo tállaos e logo comprobamos na práctica que funcionan e imos retocándoos para perfeccionalos. Algúns dos xoguetes tamén os fixeron os propios informantes, a maioría persoas maiores.
- ¿Cando empezaron a ser coñecidos fóra das lindes do seu pobo?
- Despois de acumular unha boa colección, fixemos unha mostra no instituto de Tui, e chamou bastante a atención. De seguido publicáronse dous libros, co título "Xoguetes esquecidos", onde aparecen recollidos 120 enredos tradicionais. E aínda temos material para outros tantos...
_- ¿Hai xoguetes característicos segundo as distintas zonas xeográficas?
- Cada lugar ten os seus materiais e os seus costumes. No Morrazo, por exemplo, é lóxico que se reproduzan chalanas a escala ou canas de pescar, porque é unha zona de mar e a xente está familiarizada con ese medio. No interior de Galicia abondan os xogos feitos con cascas de noces, figuras de castaño ou carballo, e outros elementos máis vencellados á súa riqueza natural.
_ ¿E a denominación, é mesma en todos os lugares?
_- Claro que non, varía segundo a zona. Por exemplo, aquí descubrimos que en Cangas, Moaña ou Bueu todo o mundo lle chama cachiza a un xogo que nós coñecemos por billarda ou estornela. É curioso, porque nunca escoitaramos ese nome. Pero iso é bo, porque reflexa a variedade e riqueza, non só de xogos e xoguetes, senón tamén de maneiras distintas de chamarlle. Estes intercambios sirven para seguir aprendendo.
- Con tanto por mostrar, ¿non sería apropiado constituir con todas estas pezas un museo do xoguete?
- Habería que buscar unha fórmula para que sexa algo vivo. Non nos parece axeitado facer un museo só para ter alí as pezas, senón que deberían servir para motivar a aprendizaxe, con paseos pedagóxicos e didácticos, e enmarcalos nun contexto. Un dos pasos que xa se está dando, e que tamén realizamos en Cangas, é repartir fichas entre os rapaces para que recollan datos de xoguetes entre os seus maiores. Así favorécese o intercambio entre xeracións e seguimos medrando en coñecemento.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine