27 de julio de 2008
27.07.2008

Os froitos do mar, estrelas dos fogóns

27.07.2008 | 02:00
Pepe Solla preparou, en segundos e diante do público, unha exquisita navalla de mar escaldada. / eugenio rouco

O cociñeiro Pepe Solla anima aos mariñeiros a velar polos recursos para garantir o seu futuro e a gastronomía de calidade

Bastou que Pepe Solla collera un longueirón, o abrira pola metade e o escaldara en auga con sal, sen máis. Logo deullo a probar a un dos mariñeiros da confraría: "¡Exquisito!", resumiu o improvisado comensal. Con esa breve lección maxistral impartida desde o palco no pregón da II Festa Gastronómica da Ría de Aldán, Solla quixo deixar claro que un bo producto é a base dunha boa cociña, e que velar pola calidade dos recursos mariños e a sostenibilidade dos métodos de captura é tamén asegurar o futuro da gastronomía que tantas satisfacións produce.
"O producto é a base da cociña. Necesitamos de vós, porque non hai cociñeiro bo que non teña detrás un bo mariñeiro, un bo horticultor, un bo carniceiro ou un bo mariscador", recalcou Pepe Solla, que fixo un alegato a favor de recuperar as actividades tradicionais vencelladas ao mar e poñelas en valor, o que terá resultados positivos no medio natural e na economía do sector. O traballo que fai o cabildo de Aldán nesa dirección foi o que lle animou, segundo dixo, a aceptar de moi bo gusto a invitación para ser o progoeiro, xa que Solla confesouse reacio a promover certas festas gastronómicas, aquelas que "priman a exaltación da carteira e do negocio sobre a exaltación do producto".
Logo, o pregoeiro recalcou o mérito dos mariñeiros e a súa loita permanente co mar. "Estou farto de oír o duro que é o noso negocio da hostelería, pero non coñezo a ningún cociñeiro morto no seu traballo, e sí a moitos mariñeiros que morreron no seu", dixo, antes de animar a seguir adiante co oficio facéndoo máis levadeiro e viable. Para rematar, confesou con humildade que da cociña non ten moitos segredos que contar, máis alá do producto e da dedicación, e púxose aos mandos do fogón para facer maxia: Introduciu na ola un longueirón e sacou nun plisplás unha delicia gastronómica regada con aplausos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine