20 de julio de 2008
20.07.2008

O Son de Cangas xa vai de man en man

20.07.2008 | 02:00
Representantes dos grupos musicais participantes, antes da xuntanza con Óscar Graña. / reproducción g.n.

A Concellería de Xuventude edita 1.500 discos con temas das 13 bandas participantes no programa

As trece bandas participantes no programa de dinamización musical Son de Cangas 08, organizado pola Concellería de Xuventude, están de noraboa. O departamento que dirixe o nacionalista Óscar Graña vén de presentar un disco con temas de cada unha delas que será distribuido de xeito gratuito entre produtores de festivais, medios de comunicación e prensa especializada. O obxectivo, amosar ao mundo a variedade musical dos grupos cangueses e dar a coñecer as incipientes formacións da localidade. Cada unha delas recibirá tamén varias copias do disco que testemuña a súa participación na iniciativa.
O edil cangués compareceu onte xunto ao responsable da gravación nos Estudios Darbo, Marcos González, "Frenchi", e a técnica de Xuventude, Mercedes Giráldez, para dar conta dos detalles técnicos do cedé. "Preséntase nun formato diferente, innovador e atractivo co que se pretende chamar a atención", indica Graña. Trátase dun envoltorio de cartón de cor laranxa baseado no deseño identificativo do Son de Cangas. Inclúe un libreto coas fotografías e biografías de todos os grupos participantes: Kalíghula, Estado Puro, Fíjado Korroído, Kaixosama & L.Csar, Póstuma, Negra Sombra, FAinoTi, Crawl, Lavorda, sección xuvenil da Banda de Música Bellas Artes, Jit, Barni Barnel e Mechanix.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook