15 de julio de 2008
15.07.2008

Anxo gago Vaqueiro "Lito", Gaiteiro homenaxeado: "As bandas van a máis, tanto as locais como as nacionais"

15.07.2008 | 02:00
O gaiteiro Anxo Gago "Lito". / g.núñez

O acto de homenaxe ó músico do Hío será o sábado ás 12.00 no salón de plenos do concello

Manuel Piñeiro González / BUEU
Nado na aldea de Pinténs na parroquia do Hío de Cangas, ten 56 anos e está xubilado tras unha vida de mariñeiro. É Anxo Gago, coñecido en toda a parroquia por traballar e coidar os instrumentos, e ensinar a tocar a gaita a novas xeracións de amantes da música tradicional galega na comarca do Morrazo. Foi autodidacta até os cuarenta anos, cando puido por fin estudar no conservatorio. No 1993, tras dar clases no colexio público do Hío, fundou a Banda de Gaitas Manxadoira en Bueu e dirixiuna até 2007, ano no que deixou a batuta á Marcos Campos Pereira. Este sábado recibe unha homenaxe dentro dos actos da Semana Cultural de Manxadoira.
- Que lle parece o homenaxe?
- Home, non sei, a verdade un pouco esaxerado, pásanse un pouco, porque creo que o merecen outros máis.
- Non sexa modesto, traballou pola música tradicional galega na comarca moito durante estes anos.
- Xa, pode ser, pero inda así creo que hai xente que traballou moito máis e que non leva homenaxes e sempre están aí, sempre traballando.
- Retirouse no 2007 de Manxadoira, e daquela época, de todos estes anos, ¿que logros lle quedaron máis gravados na memoria?
-A nível de actuacións, pois ir ao Festival Intercéltico de Lorient, en Francia foi moi bonito. Gravar no 2006 o disco foi unha experiencia. Sobre todo, participar da Liga Galega de Bandas de Gaitas, na que empezamos abaixo de todo e agora estamos en primeira. A outro nível, tamén quedei impresionado polo bo ambiente que sempre se respirou na directiva e o bo funcionamento da organización. Personalmente, quedei moi contento.
- Cómo pensa que está a saúde da música tradicional neste momento?
- Nun momento excelente, sen dúbida algunha, moi bo, si. Imos a máis, máis nível tanto nas bandas locais, como nas nacionais coma nas internacionais. É interesante que as asociacións como a nosa vaian adiante. Antes era moi díficil, cando estás recoñecido e tes axudas é outra cousa.Todo cambiou bastante, cada día hai máis bandas e con máis calidade.
- Mais, non estivo só neste camiño...
- Claro que non, houbo moito esforzo por parte dos pais dos alumnos, que moitas veces enfrentáronse a un público pouco receptivo, tamén do público que non sempre estaba a feito á nosa proposta, pero que aguantou e o que se necesita sempre e sempre fan falta son cartos.
-E que lle tentou inculcar aos seus alumnos?
-Sempre lle tentei ensinar unha técnica, inda que non me gusta moito esta palabra. Máis ben un estilo, un xeito de tocar e combinar varias voces con outras. Sempre quixen que se afixeran a diferentes sonoridades dentro do folc e os levaba, así, á concertose e festivas para que asimilaran. Por exemplo, leveinos a Vigo, no auditorio de Caixanova, unhas cantas veces.
-E que me pode dicir dos alumnos e alumnas, que os nenos xa se sabe que ás veces son difíciles...
-Xa, ben, en liñas xerais non houbo problema, sempr hai algún diferente que hai que tratar con atención por diferentes cousas.
-Por curiosidade, que lle fixo irse do Hío a Bueu a impartir clases de música tradicional.
-Pois quería buscar novas xentes, porque no Hío sempre houbo unha tradición arraigada de tocar gaitas e outros instrumentos tradicionais, pero en Bueu non era así, daquela. A xente non estaba afeita a tocar estes instrumentos. Por sorte, topeime cunha predisposición moi boa por parte dos alumnos e alumnas coas que tratei.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine