09 de julio de 2008
09.07.2008

Percutor animou co seu carro ambulante

09.07.2008 | 02:00
Os actores de Percutor, onte nun momento do ensaio na Praza das Pontes.

A compañía actuou co pasarrúas "Artistic Esperpentic Company" onte na praza das Pontes

Manuel Piñeiro González / CANGAS
As familias móvense, migran e por iso non deixan de ser familias. O Teatro Percutor truxo onte o sua propia familia nun carro escenario co pasarrúas "Artistic Esperpentic Company". Comezou o espectáculo no Concello e foi ata a praza das Pontes. Fixeron eles un convoi de soños, ideas, ilusións do teatro móbil, daquel que ía de lugar en lugar, de aldea en aldea, de parroquia en parroquia: arte popular.
O teatro Percutor chegou desde Bustarviejo, en Somosierra (Madrid), cerca da provincia de Segovia. A idea naceu hai dous anos para "llevar el teatro a la calle", di Sergio López, un intérprete máis que esta vez fai de portavoz da obra de "creación colectiva que basa su propuesta en el monstruo de Frankenstein". A compañía presentou a pasada noite, ás 23:00 horas o "Artistic Esperpentic Company", unha familia que gusta de "probar cosas diferentes". Mais, o que Sergio, e os demais integrantes Concha Quintana, Mariano Rabadán, Olalla Sánchez, Iñaki Ubiria, Ignacio Yuste e María del Pilar Navarro confirma é que "somos unha compañía con personajes fuertes".
A súa obra criticou con dureza e senso "el mercadeo teatral puesto que para nosotros acceder a un contrato nos ha costado mucho". Esta é unha das razóns pola cal fixeron esta obra. Outra, criticar aos xefes difíciles e inxustos: "Tenemos un personaje que es un jefe déspota, pero no ilustrado." Os ilustrados, foron por outra banda: "la niña pequeña es sensible e ilustrada y también el inmigrante ilegal, que es el único que curra".
A solución a tantos problemas non é ver ao Teatro Percutor, mais axita conciencias ao seu paso e iso é loable.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook