06 de julio de 2008
06.07.2008

O Hío premia o legado dos seus maiores

06.07.2008 | 02:00
Gaiteiros e bailarinas agasallaron ás persoas maiores no adro parroquial, ó pé do cruceiro. / gonzalo nÚñez

A Comisión de Festas do Cristo da Luz, coa axuda do Concello, fíxolles un recoñecemento público

Despois dunha longa vida de traballo, e de penurias en moitos casos, a parroquia do Hío premiou onte ós seus maiores cun recoñecemento público organizado pola comisión de festas do Cristo da Luz e Virxe do Carme, coa colaboración do Concello. Ó pé do emblemático cruceiro, máis de vinte octoxenarios e nonaxenarios -a maioría, mulleres- disfrutaron no adro dunha ofrenda floral e representación de música e bailes tradicionais galegos que emocionaron ós asistentes.
A comisión que preside Juan García Padín leu unha breve biografía persoal e familiar de cada homenaxeado, con anécdotas das súas vidas. Logo, a alcaldesa, Clara Millán, adicoulles un texto de recoñecemento e entregoulle ós organizadores un agasallo conmemorativo, ó tempo que se repartiron outros entre os verdadeiros protagonistas da ceremonia: unha placa para eles e un ramo de flores para elas, que responderon con xestos de emoción ó aplauso que lles brindaron os seus veciños a cambio de tan fermoso legado.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook