08 de junio de 2008
08.06.2008

Unha comarca moi literaria

07.06.2008 | 02:00
Pérez Leira estivo acompañado polo cónsul de Cuba e o edil de Cultura. / g. n.

"Cuba, os galegos e o Ché", de Lois Pérez Leira, foi presentado no salón de plenos cangués, e "Acompañamento para fuga", de Carlos Freire, na libraría O Pontillón

G.M.P. / CANGAS / MOAÑA
O dinamismo literario da comarca do Morrazo veuse reflexada onte unha vez máis coa coincidencia da presentación, á mesma hora aínda que en escenarios diferentes, dos últimos libros de Lois Pérez Leira -"Cuba, os galegos e o Ché"- e do moañés Carlos Freire Cordeiro, que ven de darlle luz a "Acompañamento para fuga", un volume de relatos breves da colección Mandaio.
Pérez Leira concovou no salón de plenos de Cangas a unha nutrida representación artística, política e sindical, entre a que se atopaba o cónsul de Cuba ou os concelleiros de ACE, Xosé Manuel Pazos, Mariano Abalo e Maruchi Álvarez. Co autor tamén sentou Pedro Trigo, un cubano-galego que tivo unha importante participación no proceso revolucionario daquel país. Entre todos repasaron experiencias e anécdotas dunha Revolución na que os galegos tiveron unha presenza destacada e que aínda hoxe se mantén como modelo e símbolo de resistencia ó capitalismo. Como diría o Ché: "Hasta la victoria, siempre".
Relatos de aquí
Oito relatos integran "Acompañamento para fuga", que Carlos Freire Cordeiro presentou onte na libraría moañesa O Pontillón, coa presenza do director da colección Mandaio, Tucho Calvo, e membros da Lonxa Literaria. Freire, que ten publicado reportaxes na revista Geo e gañou en 2005 o premio de novela por entregas de La Voz con "Acio sanguento", é colaborador habitual do Faro de Vigo no suplemento Faro das Letras. O libro que acaba de saír ás rúas mistura historias de ficción con escenarios que reais, como a Ría de Vigo, Tirán ou a Festa dos Milagres.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine