A música mais tradicional sonou onte no Instituto A Paralaia de Moaña, unha vez mais da man do gaiteiro moañés Xavier Blanco, que ofreceu un sentido concerto para o alumnado de Secundaria.

O salón de actos do centro educativo foi o escenario polo que ó longo da mañán foron pasando en grupos os estudantes que cursan a disciplina de Música, e para os que o gaiteiro ofreceu varias entretidas funcións.

No instituto moañés sonaron así os instrumentos mais tradicionais, como a gaita de cana, e os denominados instrumentos pobres, confeccionados polo músico con utensilios domésticos na maioría dos casos, elementos que fai sonar ata conseguir música, para sorpresa dos que non coñecen esa posibilidad. A actividade estivo desenvolvida polo departamento de Normalización Lingüística en colaboración co departamento de Música.