Durante a súa primera semana como rexedor de Camba, Manuel Salgado anuncia a realización do 100 por cento das obras e compromisos adquiridos polo anterior alcalde, Eliseo Diéguez, ao tempo que incide en que "Vence e eu tentaremos demostrar que podemos gobernar xuntos".

- A Alcaldía foi a súa principal esixencia para formar goberno con PP ou PSOE. Nalgún momento pensou en exercer de tenente alcalde se José Vence -líder dos socialistas- demitía e pasaba a gobernar o número dous?

- En absoluto, nunca se plantexou isto. Pedín a Alcaldía como mérito á miña traxectoria política, xa que agás nunha lexislatura, dende 1979

Vence polo que ocorreu nas primarias. É máis, penso que Vence e eu temos agora ocasión de demostrar que podemos gobernar xuntos.

- O pacto non está exento de controversia, sobre todo polo reparto da alcaldía entre os dous líderes.

- Eu penso que a xente o ve ben, é que non había outro xeito de negociar porque Vence nunca renunciaría á Alcaldía. Tamén quero aclarar que non houbo ningún suborno a ninguén dos independentes, xa que hoxe (por onte) o número dous da miña lista, Manuel García Deza, recibiu un anónimo no que o acusaban de recibir diñeiro a cambio de aceptar unha alianza política.

- E cómo será a relación política cos outros dous partidos da corporación?

- Quero un bo trato con todos. De feito, custoume moito aceptar o pacto co PSOE pola boa relación que teño con (José Luis) Fernández Fafián -o líder do PP- e máis co segundo da súa lista, xa que nos unen lazos familiares, mentres que García Deza é curmán de Vence. Tiña unhas 100 chamadas ao día sobre os pactos, pero 90 delas aconsellábanme unirme ao PSOE. Por outra parte, tamén lle vou demostrar á oposición e ás críticas dalgúns veciños que si teño un programa político, posto que xa na primera semana conseguín avances.

- En que sentido?

- Ben, o retraso do PXOM, dalgunha maneira, provocou que un veciño de Rodeiro presentase ata 13 denuncias contra outras tantas irregularidades urbanísticas, a causa doutra denuncia anterior do concello contra unha obra súa. O afectado declaroume a súa intención de retirar os escritos.

- García Deza asume, precisamente, a Concellaría de Obras no Rural. Que tarefas desempeñará vostede?

- As mesmas có alcalde anterior, Eliseo Diéguez. É dicir, funcións relacionadas con presupostos, incendios e protección civil. Estamos barallando a posibilidade de converter a media dedicación que tiña Diéguez en dedicación exclusiva a raíz do traballo que hai en presupostos. O urxente é determinar o volume de facturas pendentes do exercicio de 2006. O cambio de dedicación tería que ser mediante un cambio no orzamento, polo que tamén se podería modificar o departamento de Servizos Básicos.

- Cre que esta concellalía foi creada con dedicación exclusiva, por parte do PP, coa idea de volver gañar as eleccións?

- Considero que o PP nunca pensou en perder as eleccións en Rodeiro, o da concellalía xa non o sei.

- Se pide dedicación exclusiva, cal dos seus traballos anteriores se verá resentido?

- Supoño que a organización de festas, pois de momento encárgome do restaurante pola noite, e penso seguir na presidencia da Sociedade Deportiva Rodeiro polo menos este ano. É máis, teño en mente crear un segundo equipo, mellorar as instalacións e conseguir que o primeiro equipo ascenda de categoría. E, por suposto, seguir coa escola do Celta.

- Qué outras áreas cómpre fomentar en Rodeiro?

- A concentración parcelaria, cuxo parón coa chegada do PP á Xunta provocou que moitas pequenas explotacións tivesen que pechar. E tamén o solo industrial, non chega con termos empresas importantes como Monte Faro ou Cogal, ademais de boas comunicacións. No que se refire a Medio Ambiente, urxe unha reunión co conselleiro para avanzar na instalación dunha depuradora. Tamén cómpre tramitar o cambio do camión de retirada de lixo para mellorar o servizo.

O uso social das casas dos mestres

- Unha das súas reunións foi co delegado de Educación, Cristóbal Fernández, sobre o futuro das casas dos mestres.

- Sí, teremos que pedir de novo a súa desafectación, que será do primero bloque, o máis próximo ao colexio. A ocupante dunha das oito casas aceptou trasladarse ao outro bloque se se lle habilita unha. En contra do que se falara no anterior mandato, cremos que estas casas non se axeitan para centros de día, porque son moi pequenas, polo que queremos adicalas a vivendas de protección social.

- Qué outros proxectos teñen en relación a servizos?

- O horario da gardería, que previsiblemente estará tamén aberta durante o mes de agosto. Foi unha petición dos pais, posto que nese mes traballan e non teñen onde deixar aos nenos. Aínda que funcione só pola mañá, será unha solución para os dez nenos que a precisan.

- Hai algún posto no concello que perigue pola entrada do novo goberno?

- Non, o trato cos funcionarios está sendo moi bo. É máis, a idea do bipartito é a de potenciar determinados servizos como Protección Civil, que a día de hoxe está parada, entre outras cousas porque hoxe (por onte) nos chegou denegada a subvención para este servizo porque se solicitou fóra de prazo. Por outra banda, Rodeiro conta cun retén de limpeza e desbroce de cinco persoas, dúas pagadas polo concello e tres pola Deputación. Pero as necesidades do concello estarían cubertas con sete persoas máis e a ampliación do horario que ten a máquina desbrozadora.