Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

El Emigrado

No ano 20 do século pasado danse en Galiza moitas iniciativas de pobo e de nación. Como algo principal, sen desmerecer nada, constitúese a 25 de xullo o día da Patria Galega. Tamén o nacemento da revista "Nós" portavoz da mesma xeración de intelectuais, entre eles Lousada Diéguez. De maneira moi especial ao andar destes movementos nace na Estrada o xornal "El Emigrado" coa promocións dos Centros de Emigración fundamentalmente de Cuba e Arxentina en comunicación ideolóxica coa xente estradense moi motivada polo agrarismo e andar sociopolítico deste Concello, tanto en educación como en constituirse voz social en camiño de futuro de ben e de liberdade. O director desde xornal será Otero Abelleira e un redactor (xefe) salientable García Barros.

Logo houbo colaboradores como Otero Pedrayo, Bernardo Mato, Castelao, Losada Diéguez, Cabada Vázquez e moitos outros. Eran tempos nos que Roberto Blanco Torres proclamaba nos seus versos o dicir de "Nós, nós e nós". A xustiza era tarefa de conquista, de argumentos e de convencementos. De evidencias. Non era revancha, nin desquite. Non era vinganza. Logo do 36 viñeron as ordes represoras de intalarse nos olvidos. Nos silencios impostos. Aquela tarefa xornalística a poucos anos destas botou o peche. Comezaron os camiños de resistencias. A xeración de "El Emigrado" caeu en moitas frustracións entre tantas privacións e non serían poucos os comentarios ferintes, humillantes, para con eles. Canta usurpación de liberdade, a cal naceu dunha ilusionada República (ela tan breve). Cantos tiñan ideais e mal comprendían as súas vidas sen eles.

Pero nunca é tarde para celebrar. E así desde a AC Vagalumes queremos dar conta de que este martes 15 temos a honra de poñer ao día da historia estradense o centenario do xornal "El Emigrado".Sabemos que está moi medido o dereito a disentir, pero disentimos da oficialidade dos olvidos e silencios. Hai que garantir que se coñezan todas as memorias. Queremos ter unha política pública da memoria. A realidade é pesimista. O futuro será duro. Pero nós os estradenses debemos axudar que a esperanza avance. Iso é poner luz. Iso é abrazar a verdade.

Compartir el artículo

stats