Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Promesas cumpridas no Faro

A devoción pola Virxe supera á pandemia e centos de persoas asisten á cita anual

Un fiel a Virxe sobre de xeonllos ata a capela. // Bernabé/Javier Lalín

Sair canto antes desta situación era unha das peticións máis soada onte na cita da Virxe do Faro en Rodeiro. A localidade estaba de día festivo por esta celebración, que é unha cita marcada nos calendarios para os relixiosos ou para os que asisten a ela por tradición. A situación anómala que estamos a vivir marcou toda a xornada, con protocolos estritos para evitar calquera contacto entre as persoas asistentes. Porén, numerosos devotos chegaron ata a capela de xeonllos ou descalzos para cumprir as promesas que fixeran a Virxe, e que por iso no podían deixar de asistir á cita.

A subida da imaxe non se realizou, mais si que estivo presente durante as misas de onte. Desde a organización non informaron de como se fixo o traslado, "para evitar que calquera persoa nos quixese acompañar". No entorno da capela, estaba todo sinalizado para evitar as aglomeracións da xente. Por un lado, en torno ao altar exterior onde se celebraban as misas, estaba un cerrado que delimitaba as trescentas cadeiras separadas pola distancia de dous metros. Polo outro, a capela tiña a entrada e saída diferenciadas para evitar aglomeracións no seu interior. Para depositar as velas ou rezar no interior, podían estar ata un máximo de 35 persoas ao mesmo tempo, pero tratouse de que non se xuntasen moitos. En canto aos confesionarios estaban tamén fóra, en dúas carpas habilitadas para iso, de forma que os practicantes e os sacerdotes puidesen manter as distancias, e así tamén se evitaba a afluencia no interior da capela.

As misas deron comezo a primeira hora da mañá, para os madrugadores que chegaban facendo un percorrido camiñando. "En cada unha delas fixemos mención a algo especial, xa que non había a misa grande que sería a do mediodía, queríamos que cada un dos asistentes se sentise representado", explica o sacerdote Javier Diéguez. Por iso, as misas do mediodía ían dirixida a un público máis familiar.

A música dos gaiteiros que amenizaron lixeiramente a xornada era a única actividade lúdica que había, ademais dos postos de venta de produtos artesáns así como os pulpeiros. Aínda sabendo que a cita ía ser "triste" pola ausencia de xente, non podían deixar de ofrecer os seus servicios aos asistentes que debían cumprir co deber. Unhas xornadas que quedarán marcadas pola baixa afluencia, e que continúan hoxe sen a procesión de regreso da imaxe a Requeixo e con misa en dita igrexa ás 19:30 horas; no Faro será ás 17:00 horas.

Compartir el artículo

stats