15 de agosto de 2020
15.08.2020
Faro de Vigo

Arte da rúa para darlle cor aos sumidoiros de Agolada

15.08.2020 | 02:50
Arte da rúa para darlle cor aos sumidoiros de Agolada

| Agolada amenceu onte cunhas curiosas imaxes polas rúas para facelas máis divertidas. En Deza os artistas urbáns e non tanto resaltan en numerosos puntos da vila agoladesa. A Feira da Artesanía xa destapara algúns artistas en ocasións anteriores, deixando ver a imaxinación que teñen moitos veciños, agora tamén se poden ver por variados puntos das rúas da vila. As alcantarillas presentaron diveras imaxes creativas: Desde cariñas habituais nas mensaxes telefónicas, pasando por mandalas, ou paisaxes particulares, así como a recreación dunha diana. Unhas imaxes que foron alagadas polos residentes, xa que dan cor as rúas e animan as camiñatas polas mesmas. Algúns deles, incluso, animan a que estes artistas, polo momento descoñecidos, sigan a facer estas pintadas tan orixinais para poñer moito colorido a unha tempada que semella gris para moitas familias.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia