Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

María Núñez Vicente: "Carboeiro é a antesala de Compostela"

"É un magnífico exemplo do románico tardío, un anticipo do que pode verse en Santiago"

María Núñez Vicente: "Carboeiro é a antesala de Compostela"

"Carboeiro é un exemplo magnífico do románico tardío, a antesala, por así dicilo, de Santiago de Compostela". Deste xeito define María Núñez Vicente a que será a súa particular oficina durante os vindeiros cinco meses, tempo que dura a bolsa da Deputación de Pontevedra que gañou para exercer como guía de turismo do mosteiro trasdezao. Acompañada pola concelleira de Cultura e Turismo, Mónica González Conde, onte destrabou por primeira vez unhas portas que permanecerán abertas ao público de 11 a 14:30 e de 16:30 a 20 horas todos os días de xullo e agosto. Só durante a mañá chegaron oito turistas ata o recinto monacal, as primeiras dun goteo que se irá incrementando nas vindeiras semanas.

-Cómo está a ser o primeiro día?

-Estoume adaptando ao espazo, vendo o funcionamento de todo, desde a venda de entradas ata o protocolo polo Covid-19, que niso somos todos noveis.

-Normalidade, entón, dentro do que cabe?

-Todo transcurriu con normalidade, aínda que hoxe está sendo unha primeira toma de contacto. Pero xa recibimos aos primeiros visitantes [oito pola mañá].

-Coñecía o mosteiro dalgunha visita anterior?

-Sí, estiven hai dous anos. Fixen o Roteiro do Deza, entre Carboeiro e a Fervenza do Toxa, e encantoume o espectáculo da auga, a luz, a impresionante caída... Telita! É das mellores cousas que vin nesta zona, alomenos en canto a recursos naturais. E Carboeiro é un exemplo do románico tardío, fíxose a continuación da catedral de Santiago de Compostela. O obradoiro do Mestre Mateo deixou pegada no mosteiro, sobre todo polo guiño ao Pórtico da Gloria cos 23 anciáns, que non 24, do Apocalipse. Boa mostra da importancia que tiña Carboeiro é que os peregrinos se desviaban para vir a este punto, que non está no Camiño de Santiago, e atopábanse cun anticipo do que logo ían ver en Compostela, grosso modo.

-Cómo se documentou sobre o mosteiro e a súa historia?

-En realidade, quero facer máis prospección, documentarme máis sobre o mosteiro, porque, polo de agora, tirei de folletos do Concello de Silleda, sobre todo. Aínda foi o luns cando souben que conseguira a praza, así que a penas tiven tempo de ler libros sobre Carboeiro, que é algo que tamén quero facer. Por outra banca, son moi curiosa, así que aproveitarei os ocos libres para ir ata a Ponte do Demo, facer anotacións sobre a senda botánica ou descubrir árbores.

-Cómo pretende facer o labor que ten encomendado?

-Quero explicar de forma didáctica o románico tardío, como foi construíndose o mosteiro, a igrexa, e todo o que foi xurdindo ao redor. Tamén sobre a orixe do nome de Carboeiro, como lugar de recollida de carbón, ou sobre a importancia do río Deza.

Compartir el artículo

stats