Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O idioma ao que non cala nin o bozo

O Clube da Lingua repartirá 125 máscaras con lendas entre a comunidade escolar

As máscaras teñen catro modelos e todas locen o logo dos Rolling Stones, tuneado.

A partir do 23 deste mes, a conserxaría do instituto Marco do Camballón, de Vila de Cruces, terá a disposición da comunidade escolar 125 máscaras con lendas en defensa do idioma galego. Este material de protección será para outras 125 persoas que mandaron os mellores memes en galego a un concurso que o Clube da Lingua puxo en marcha a principios do mes de maio. Nestes memes, os seus autores podían empregar frases reivindicativas ou de humor, ademais de textos poéticos. vinculados ao galego. Como máximo, cada membro da familia podía enviar un único meme, para permitir así que as máscaras queden repartidas entre o maior número de familias posible,

Os 125 antefaces foron pintados a man e para a súa elaboración o Clube da Lingua contou coa colaboración da familia Moire Iglesias, vinculada ao textil desde hai anos, así como de traballadoras da sua empresas. Hai catro modelos distintos entre os que escoller, de maneira que locen as seguintes lendas: "O mundo precisa xente que ame o que fai: Eu falo galego", "Da lingua galega vive a alma da nosa terra", "É a miña lingua por fóra e por dentro e cando respiro eu falo galego", e, por último, o cuarto modelo amosa unha nube de palabras que moito seescoitaron nestes meses de coninamento sanitario,, como 'sentidiño' ou 'teletraballo'. Estes catro modelos, polo anverso, lucen o icónico logo dos Rolling Stones, pero coa lingua pintada coas cores da bandeira galega e a lenda "Clube da Lingua Marco do Camballón!".

Esta iniciativa súmase a outras propostas moi orixinais que desde fai anos organiza o departamento de Galego deste centro en defensa do idioma. Unha delas foi, sen dúbida, o certame Tattoos da Galiza, que deu forma a un libro e mediante o que os estudantes poideron investigar e facer un produndo traballo fotográfico sobre tatuaxes vinculadas ao idioma e á tradición galegos. Houbo, tamén, unha proposta de recollida da microtoponimia do municipio cruceño, e desde hai catro ano o coordinador do Clube da Lingua,Sechu Sende, imparte tamén a materia optativa de Regueifa e improvisación oral en verso. Poden cursala os estudiantes do segundo de Secundaria e en cursos pasados docente e alumnos poideron participar en diversos encontros de improvisación oral no País Vasco ou en Madeira.

Compartir el artículo

stats