Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O PSOE tilda de "improvisación" a única actividade de Lalín polo Día das Letras

O PSOE de Lalín amosa a súa sorpresa polo feito de que a única actividade que programa o Concello de Lalín neste 17 de maio "deixe practicamente á marxe a Ricardo Carvalho Calero", o escritor que se conmemora nesta edición. Os socialistas insisten no seu recoñecemento a Daniel Varela Buxán e Ramón Aller Ulloa, os dous persoeiros nos que se centrará a mesa redonda que vai emitirse por Youtube mañá. Entenden que este coloquio "tería cabida de xeito paralelo nesta ou noutras ocasións, pero é un erro eclipsar no seu día a Carvalho Calero".

Para o PSOE, esta "metedura de zoca ten como trasfondo a falta de traballo e a improvisación continua do goberno do PP. Sabiase dende hai moito tempo que as actividades das Letras Galegas non poderian ser presenciais pero, lonxe de traballar nunha programación telemática atractiva que servise para impular nestes momentos difíciles o labor de artistas locais, actuouse de novo a última hora e sen ningunha planificación". Os socialistas engaden que estes erros son froito "de deixar a Cultura lalinense en mans dunha concelleira, Begoña Blanco, que demostra coa súa xestión que non está a altura do que se precisa".

Compartir el artículo

stats