14 de mayo de 2020
14.05.2020
Faro de Vigo

A Banda de Vilatuxe participa nunha celebración virtual do Día das Letras Galegas

14.05.2020 | 01:37
A Banda de Vilatuxe participa nunha celebración virtual do Día das Letras Galegas

Este domingo, Día das Letras Galegas, a conta de youtube da Banda de Música de Arca acolle a partir das 19.00 horas unha homenaxe ao escritor Ricardo Carvalho Calero, finado en 1990. No tributo participarán os músicos da Banda de Vilatuxe, posto que xunto aos de citada de Arca, a Banda de Música de Chapela e a Banda O Landro, de Viveiro, interpretarán de maneira conxunta o Himno Galego. Serán 171 músicos tocando dende a súa casa, mentres que Lucía Pérez, Najla Shami e Esperanza Mara porán voz ás verbas de Eduardo Pondal.

Esta multitudinaria versión será o peche dunha xornada na que a docente Inma López Silva conversará sobre Carvalho Calero cos compositores Andrés Álvarez, Simón Couceiro, Antón Alcalde e Carlos Rodríguez, dos que tamén se poderán escoitar algunhas pezas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


LA MEJOR INFORMACIÓN, CERCA DE TI


FARO te ofrece un nuevo servicio de pasatiempos y juegos online

Disfruta desde tu ordenador o tu móvil de más de un centenar de retos como crucigramas o sudokus