María José Suárez Gómez e Rocío Taboada Barros son as gañadoras dos concursos de microrrelatos e fotografías do confinamento convocado polo Círculo de Recreo de Lalín. Foron moitas as propostas recibidas, cunha "máis que apreciable sensibilidade e calidade no seu conxunto, o que nos supuxo unha enorme satisfacción ao mesmo tempo que unha dificil elección das gañadoras", afirman desde a entidade organizadora, que contou coa colaboración das librarías Vagalume e Nigraponte.

Aínda que todas as propostas son "dignas de mención", o xurado tivo que seleccionar só dúas: No Concurso de Microrrelatos premiou a María José Suárez Gómez, pola súa peza titulada Retallos de Alzheimer, e no e Fotografía, a Rocío Taboada Barros. "Evidentemente, existe un razonable compoñente subxectivo na selección definitiiva, mais segundo o criterio do xurado ésas son as dúas propostas gañadoras, tendo por igualmente merecedoras outras moitas das propostas recibidas", resumen desde o Casino de Lalín. Nos vindeiros días publicará nas redes socias esas outras propostas dignas de mención, "en obrigado agradecemento por todas elas, así como pola ampla participación".