19 de marzo de 2020
19.03.2020

Sen feira 500 anos despois

Poida que este 18 de marzo sexa a primeira vez que Lalín queda sen unha feira documentada xa desde o século XVI

19.03.2020 | 02:04

Hoxe (por onte), 18 de marzo, non haberá feira en Lalín. Poida que despois de máis de cincocentos anos de celebración sexa a primeira vez que a capital de Deza deixe de celebrar unha das súas feiras mensuais e polas trazas a suspensión vai para largo. Claro que xa hai máis de cincuenta anos que a feira se foi trocando nun mercadillo que pouco ten que ver coas tradicionais feiras de sempre.

Da celebración da feira de Lalín hai documentación dabondo do século XVI en adiante, boa parte dela recollida polo investigador trasdezao Manuel Fernández Chaira no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra. Daquela celebrábase ao redor da antiga torre fortaleza que fora dos Deza e nos últimos tempos antes da súa destrución pertencera aos condes de Lemos e da que o recinto se foi trasladando cara a Donramiro co andar do tempo, sen librarse da especulación e os cambiantes xeitos do consumo e o mercado que impuxeron os novos rumbos do mundo.

A feira de Lalín, que nós saibamos, non deixou de celebrarse neses máis cinco séculos de existencia, nin cando a Guerra da Independencia, nin nas dos Carlistas e Isabelinos e mesmo na Guerra do 36, con maior ou menor concorrencia

Da feira de Lalín deixou lembranza no seu traballo a extraordinaria fotógrafa Ruth Matilda Anderson, cando en xaneiro do 1926 visitou estas terras dende Santiago de Compostela, facendo un mollo de fotos das que traemos aquí unha mostra, lembranza daquelas feiras tradicionais que enchían de xente as rúas e negocios da vila, hoxe baleiros pola pandemia que estamos a sufrir.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia