O xurado do VII Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada anunciou esta semana os 62 gañadores elixidos entre os 200 traballos finalistas. Os gañadores quedarán recollidos nun libro e os seus autores recibirán un premio na Festa das Palabras que está previsto celebrar en xuño.

Este certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14, que convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrrelatos. Nesta ocasión os microrrelatos debían conter a palabra "amigo" e os micropoemas a palabra "Cabelo". O proceso de elección tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras do autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero.

Neste segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentres que no terceiro trimestre terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos texto. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada. Tamén se escolleron os deseños realizados polo alumnado de Educación Infantil dos centros de Primaria, que ilustrarán as páxinas do libro cos textos gañadores, e que están inspirados nas palabras propostas.

A reunión do xurado tivo lugar no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concello: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. S. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

No concurso de micropoemas os ganadores nas diferentes categorías e centros escolares foron Germán Cortizo, Mateo Constenla, Martiño Vilarelle, Mario Moimenta, Alba Ramos, Valeria Esmorís. Nerea Vázquez, Eva Calveiro, Rosalía Mazás, Fabiola Valiña, Nora Diéguez, Xabier Fernández, Carolina Otero, Carla Prado, Leo Castro, Pedro Souto, Alba Moimenta, Xiana Cacho, Paula Piñeiro, Nicolás Moure, Nieves Fernández, Soledad Zixia, Rubén Rosende, Claudia Teixeira, Nicolás Otero, Irune Nieto, Ainhoa Pereiras, Vanessa Agra, David Barbeito e Carla Villaverde.

Dentro dos microrrelatos escolleuse os traballos de Gema Ovelleiro, Xulia Abet, Paula Lema, Aitor Gestoso, Daniela Porto, Lara Matalobos, Clara Castedo, Jamila Mehjoub, Aroa Pereiro, Martín Seoane, Santiago Gómez, Lucía Villar, Elba Castro, Raúl Bouzón, Germán Prado, Candela Rivas, Noelia Neiro, Pablo García, Marcos Pampín, Manuel García, Sergio Castro, Nieves Fernández, Soledad Zixia, Natalia Campos, Uxía Docampo, Sheila Pereiras, Nagore Fernández, Saleta Lueiro, Eva Cobas, Ana Constenla e Laura Silva.