Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Samuel Vila 'Ádigos': "A base das miñas clases é inculcarlles aos alumnos o noso folclore galego"

"Estou creando un proxecto en liña para poder estender a cultura musical galega"

Samuel Vila 'Adigos' impartirá o curso de percusión tradicional.

O local social da parroquia cruceña de Salgueiros tiña previsto acoller este domingo o I Curso de Percusión Tradicional, pero debido ao coronavirus decidise aplazar onte ata novo aviso. O encargado de impartilo será Samuel Vila 'Ádigos'. Esta iniciativa está organizada por Vai Nela de Salgueiros. Onte había 16 persoas anotadas. O prezo será de 20 euros para os alumnos activos e a metade para os que asistan de ouvinte. Poden obter máis información no teléfono 679 956 185 o no correo vaineladesalgueiros11@gmail.com

-Que vai impartir en Salgueiros?

-Vou falar do tambor, o bombo, a percusión tradicional.... Explicaremos os aspectos básicos do tambor e o seu mantemento, técnicas de maquetas, de agarre, de golpeo, efectos... un pouco de todo. E despois abordaremos algo máis tradicional, por dicilo dalgunha maneira, como os ritmos básicos tradicionais e como quedar a tocar con alguén sen nunca antes haber tocado con el. O curso durará unhas seis horas, e nunha parte tratarei presentación dos instrumentos e pola tarde, será algo máis práctico.

-Vostede tamén dá clases en O Fortín da Pomba. É complicado ensinar?

-Eu levo poucos meses dando clases, aínda que xa levaba bastantes anos con esa idea, pero nunca me poñía por medo. E creo que os meus alumnos están bastantes contentos, están aprendendo bastante ben e a miña idea é seguir aumentando o tema das clases e dar en máis sitios, porque ao final, gústame dalas.

-Incúlcalle a importancia de manter o noso folclore galego?

-Si, esa é a base.

- E como o ve nestes momentos?

-É un tema que varía moito e depende dos gustos de cada un, pero eu si que estou vendo que ultimamente se está tirando bastante polo folclore. E eu desde pequeno estou neste mundillo e fun tocar por aí con xente bastante recoñecida e vexo que si que se está apostando por el.

-De feito, vostede está creando un proxecto en liña para estender a cultura musical galega. En que consiste?

-Eu formeime en varias clases, como en batería e de percusión latina. Aquí en Galicia para aprender algo tes que ir de forma presencial a un sitio e hai xente que ao traballar non pode ir e é bastante complicado. A miña idea con isto é facer un portal web no que podes rexistrarte e haberá certos profesores que van dar as clases e ti pagas a subscrición. Serán clases de gaita, de tambor, de acordeón, de baile, de pandereta... de distintas especialidades. Ti ao pagar a subscrición tes acceso a todo o curso e tamén podes poñerte en contacto co profesor se tes algunha dúbida, xa que el che axudará no que necesites. E isto está pensado para xente de fóra de Galicia, como os centros galegos.

-Entón aínda está en proceso, non?

-Si, porque agora estou traballando e supón moito tempo, e se me saen planes novos, sempre acabas aprazando isto.

Compartir el artículo

stats