11 de marzo de 2020
11.03.2020
Faro de Vigo

García Porrral presenta o seu libro "A matanza do porco. Cultura e tradición"

11.03.2020 | 01:37
García Porrral presenta o seu libro "A matanza do porco. Cultura e tradición"

A Casa das Letras da Estrada acollerá mañá xoves, ás 20.00 horas, o acto de presentación do libro A matanza do porco. Cultura e tradición, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Xoán Carlos García Porral. No acto, o autor estará acompañado pola profesora Mónica Mato, o normalizador lingüístico do Concello da Estrada, Xosé Lueiro; e polo alcalde estradense, José López.

Esta nova publicación de García Porral érguese como o primeiro libro en recoller a tradición cultural que se agocha no proceso da "matanza do porco" e que, segundo a área xeográfica, presenta certas peculiaridades dignas de estudo e observación. Deste xeito, recóllese a oralidade dunha tradición tan ancestral como é a matanza do porco por distintos puntos de Galicia, concretamente obtendo información oral nos concellos de Campo Lameiro, Castroverde, Chantada, O Corgo, Dozón, A Estrada, A Fonsagrada, Lalín, Mondariz, Oroso, Pedrafita do Cebreiro, Ribadeo, O Riós, Rodeiro, Salvaterra de Miño, Santiago de Compostela, Sanxenxo, O Saviñao, Silleda, Trabada, Vedra, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


LA MEJOR INFORMACIÓN, CERCA DE TI


FARO te ofrece un nuevo servicio de pasatiempos y juegos online

Disfruta desde tu ordenador o tu móvil de más de un centenar de retos como crucigramas o sudokus