| O alumnado do CEIP Manuel Villar Paramá de Souto de Vea disfrutou nos últimos días dunha excursión a Santiago de Compostela con tintes musicais e naturais. En primeiro lugar, os rapaces asistiron ao concerto didáctico "De aquí para alá" de Lydia Botana. A continuación, tiveron oportunidade de visitar o Museo de Historia Natural, onde admiraron a súa magnífica exposición de minerais e de animais disecados.