O Centro Social de Silleda acolle hoxe, ás 11.00 horas, a primeira sesión do Programa de Promoción de Saúde para as Persoas Maiores. A dietista e nutricionista Vanessa Taboada impartirá unha ponencia sobre os beneficios da dieta equilibrada a hora de engadir anos á vida e vida aos anos. A asistencia é gratis, pero de xeito previo os interesados tiveron que anotarse. As actividades continúan o próximo xoves, día 12, cunha excursión saudable que ofrece unha ruta polo río Avia, no concello ourensán de Leiro e duns 90 minutos de duración. Durante a xornada, os participantes tamén disfrutarán dun xantar e dunha visita guiada por Ribadavia e un acceso ao circuito termal nas instalacións do balneario de Cortegada.

Ao día seguinte, o fisioterapeuta Gustavo González Villar ofrece unha conferencia sobre a prevención de caídas e o o movemento nas persoas maiores. Serán tamén no Centro Social de Silleda ás 11.00 horas. Por último, o venres 20, no mesmo local pero ás 11.30 horas, comezan as clases de iniciación a pilates. Son gratis e durarán ata o 15 de maio. Terán lugar todos os venres.