Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

10.000 calcomanías con mensaxes en galego

O Clube da Lingua participa nun proxecto para promocionar o idioma entre a xente máis nova

Dúas das dez tatuaxes que terán versión en calcomanía.

En cursos anteriores o Clube da Lingua, do instituto Marco do Camballón, desenvolveu o proxecto Tattoos da Galiza, co que puido recoller máis de medio milleiro de fotografías de tatuaxes de Galicia, en galego ou de temática galega. Esta proposta educativa materializouse máis tarde nun libro, editado grazas a un micromecenazgo.

E agora, a idea dá un paso máis. O Clube da Lingua, xunto ao proxecto educativo Semente de Compostela e o local social A Gentalha do Pichel, pón en marcha Tattoos da Galiza: 10.000 decalcomanías para a infancia e a xuventude. A intención é distribuir entre a xente máis nova 10.000 calcomanías de 10 modelos de tatuaxes que recollan a historia de Galicia. A mediados de decembro, membros das tres entidades mantiveron unha reunión para escoller os dez deseños que se transformarán en calcomanías, trala revisión dun deseñador gráfico. Os seleccionados son un petrógligo, unha caetra galaica (é un escudo prerromano); a bandeira sueva; a ferreña dunha pandeireta; un toxo; o escudo coa serea que deseñou Castelao; un polbo cunha gaita (que elaborarán os estudantes do instituto); o cartel a favor do estatuto de autonomía de 1936 que realizou Camilo Díaz Baliño; un mapa de Galicia coa bandeira galega da estrela e, por último, a icónica boca que identifica aos Rolling Stones, pero coa bandeira galega na lingua. Con esta actividades quérese demostrar aos estudantes máis novos a importancia da comunicación visual edsde unha perspectiva galega, ao mesmo tempo que coñecen a nosa historia.

Compartir el artículo

stats