A Sociedade Deportiva de Caza, Pesca e Tiro de Silleda, en colaboración co Concello desta localidade, organiza una nova recollida de lixo no río Toxa. O colectivo convoca a todos os afeccionados a unha xuntaza para levala a cabo o 1 de febreiro. O punto de encontro será no Hostal Casas Novas de Silleda ás 10:00 horas. Ao remate terá lugar un xantar para os participantes no campo de tiro O Picoteo, onde se procederá tamén á entrega de catro coutos dos ríos Toxa e Taboada aos socios que teñan abonada a cota social 2019.