Mañá celebrarase a XV Olipíada de Bioloxía, fase autonómica galega, na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, que convoca a Asociación Olímpiada de Bioloxía (OEB) coa colaboración do Colexio Oficial de Biológos de Galicia, as tres universidades galegas e a Xunta. Foron admitidos 29 centros educativos e destes, 11 da provincia de Pontevedra e entre eles o instituto Ramón María Aller Ulloa de Lalín. Consiste na resolución dunha proba teórica tipo test e unha práctica de laboratorio, cos contidos de Bioloxía da ESO, e de primeiro e segundo de Bacharelado, centrados na base molecular e fisicoquímica da vida. A fase nacional será do 26 ao 29 de marzo en Bilbao que irán os tres gañadores de mañá.