16 de enero de 2020
16.01.2020
Faro de Vigo

O Aller Ulloa publica as bases do IX Concurso de Creación Verso en Lúas

16.01.2020 | 02:41
O Aller Ulloa publica as bases do IX Concurso de Creación Verso en Lúas

Os departamentos de Lingua Inglesa, Lingua Castelá e Normalización Lingüística convocan o IX Concurso de Creación Verso en Lúas do IES Ramón María Aller Ulloa. Poderán participar o alumnado dos catro cursos da ESO e de Formación Profesional Básica. E fóra do certame, calquera membro da comunidade educativa pode presentar os seus traballos. Establécense tres primeiros premios de 50 euros.

Poderanse entregar dous tipos de trabalos: unha portada orixinal, ilustrada, sobre un texto literario, propio ou alleo ou una proposta de poesía virtual. O alumno elixerá libremente a forma do seu traballo, coa única condición de que inclúa un fragmento dun texto literario, propio ou alleo. No caso de que sexa alleo, debe figurar claramente o nome do autor. E non se admitirán traballos con contidos ofensivos. Poden ser en inglés, galego o castelán. No primero caso, o alumno presentara portada dun libro, na que figure o título da obra e o autor. Suxírse cartulina tamaño folio. No caso da categoría de poesía virtual, o formato é libre. Os interesados poden dirixirse aos xefes destes departamentos ante calquera dúbida. Os traballos serán entregados antes do 25 de febreiro. O xurado estará composto por membros destes departamentos e valorarán a orixinalidade da presentación e dos contidos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia