Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Neves Rodríguez: "Hay moitas mulleres creadoras en Galicia, pero son invisibles"

A actriz e comunicadora participa en Silleda nun debate coa comisaria Paula Cabaleiro e a pintora silledense Marisa Miguélez sobre as desigualdades das artistas no seu traballo

Alonso, Cuíña, Miguélez, Cabaleiro e Rodríguez, onte, no Club FARO de Silleda. // Bernabé/Ana Agra

A Casa da Cultura de Silleda acolleu onte unha nova edición do Club FARO na que as mulleres artistas foronas protagonistas. O evento, que congregou a numeroso público e estivo presentado polo alcalde Manuel Cuíña, contou coa a presenza da diputada provincial Victoria Alonso, a comisaria de arte Paula Cabaleiro, a actriz e comunicadora Neves Rodríguez e a pintora local Marisa Miguélez. As diferentes desigualdades que as mulleres creadoras afrontaron e seguen a afrontar no su día a día profesional foi o fío conductor da conversa coloquio. Cuíña foi o encargado de abrir o acto cunha firme defensa da igualdade de xénero para cederlle pouco despois a palabra á comisaria Paula Cabaleiro. A especialista de Cangas do Morrazo fixo un repaso polo estado das artes plásticas galegas contemporáneas. Nel lembrou que as mulleres "somos o 52 por cento da población" e percorreu algúns dos fitos históricos nos que quedan reflexada a desigualdade da muller na arte, comenzando polo tardío acceso á formación académica nas Belas Artes. Cabaleiro lembrou a importancia do nacemento da facultade pontevedresa no 1990, ás figuras de Maruja Mallo e Julia Minguillón como primeiros referentes da arte contemporánea feminina galega, o papel das bienais como a impulsada en Vigo polo colectivo Alecrín, o nacemento do arte feminista da man de Yolanda Herranz en contraste coa pouca presenca da muller nos postos de decisión e a pouca visibilidade da sua obra artística.

Pola súa banda a tudense Neves Rodríguez foi a encargada de achegar ao público presente a súa visión da situación da muller no secto audiovisual galego na actualidade. Rodríguez non dubidou en afirmar que "hay moitas mulleres creadoras en Galicia, pero son invisibles". A popular presentadora televisiva tamén suliñou que "a máquina está engrasada para que as mulleres non sexamos permeables aos postos importantes. Estamos traballando para que iso non sexa así pero o certo é que aínda hai moito traballo por facer". Rodríguez lembrou os seus inicios e relatou o seu primeiro casting en Compostela "para presentadora onde dixéromen que me dira unha volta en bañador porque era en realidade era un casting de Miss Galicia". A presentadora e actriz alertou tamén de que "hai productoras de televisión e de ficción que están elixindo ás súas presentadores e actrices polo número de followers que teñen". Tamén engadiu que "necesitamos aos homes para que a igualdade sexa real porque sempre temos que tero ao lado, non detrás". Explicou que ás mulleres do audiovisual galego cobran menos cos homes porque "somos mulleres e queremos ter fillos, enton hai esa interrupción da túa vida laboral que é unha cousa que ti escolles, pero tamén está o do físico porque chega unha edada onde non te queren para nada porque eres totalmente invisible". Neves Rodríguez tamén afirmou que "moitas mulleres da miña profesión chegan a postos de mandar e son peores cos homes. Como loitamos contra iso?". A presentadora e actriz foi taxanta indicando que "teño pasado por moitas situacións machistas por parte de homes, pero as que mais doen son as que recibes por parte das mulleres". Rodríguez explicou que "penso que a cultura non lle interesa a ninguén e menos a xente que está neses postos nos que poden decidirse moitas cousas. O certo é que hai moitos nichos no mundo da cultura que están por conquistar e o camiño empeza por unha mesma dicindo que non nesta profesión a como nos tratan algúns".

A silledense Marisa Miguélez puxo onte o acento en rachar cos teitos de cristal das mulleres creadores. Antes, lembrou como cando estaba en Suiza nas exposicións tiñan prioridade os artistas locais sobre os estranxeiros como exemplo da defensa do patrimonio cultural propio de cada país. Cabaleiro quiso que a artista trasdezá desvelara algúns dos seus referentes artísticos como Álvarez de Sotomayor, Maside, Colmeiro, Julia Minguillón ou o lalinense Laxeiro, de quen lembrou o bo anfitrión que foi con ela na súa casa de Vigo. Miguélez tamén recoñeceu a súa debilidade pola música e pola poesía desvelando que está a traballar nunha serie adicada ao compositor italiano Antonio Vivaldi. A pintora trasdezá foi clara cando Paula Cabaleiro lle preguntou pola súa fonte de inspiración dicindo que "as miñas musas foron as mulleres da miña contorna e familia, mulleres valentes e decididas". Neste senso, a comisaria abundou suliñando o prototipo de muller que lle gusta a pintar a Marisa Miguélez, "unha muller forte cun canon propio". Tamén houbo tempo para ensalzar as intervencións da artista silledense directamente na natureza porque "o espazo te fala", asegurou Miguélez.

Compartir el artículo

stats