Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"A selección do gando sempre foi a nosa principal fortaleza"

"A orixe do éxito reside na profesionalidade de José e Avelino Cochón, que fundaron a empresa en 1984"

Daniel Cochón.

--¿Qué supón este recoñemento para a empresa?

-Este premio supón un recoñecemento á traxectoria dunha empresa familiar, Frigoríficos Bandeira, que, nos seus 35 anos de existencia, conseguiu ser unha referencia no sector, por tanto é unha gran honra recibir este premio que supón o recoñecemento ao traballo desenvolto por unha familia, por un gran equipo de profesionais, por un gran equipo de traballadores...

-Frigoríficos Bandeira comezou a funcionar en 1984. ¿Por qué decidiron montar o matadoiro? ¿Tiñan algunha relación co sector?

-José e Avelino Cochón son quen, no ano 1984, fundaron a empresa. Aínda que xa con anterioridade estaban relacionados e inmersos neste negocio da carne, foi grazas á súa gran experiencia -adquirida xeración tras xeración desde o seu avó paterno- no trato de gando, o que situou a Frigoríficos Bandeira no que é hoxe en día.

-¿Con canta xente comezou funcionando a empresa e qué plantilla ten hoxe en día?

-En Frigoríficos Bandeira somos 85 traballadores directos, que se reparten entre as instalacións de Bandeira e Madrid. Trátase dun persoal altamente cualificado e moi comprometido coa calidade. Empezarón sendo uns catro ou cinco operarios.

-¿Qué diferencia a este matadoiros doutros que funcionan na comarca?

-Dende que nos adicamos ó sacrificio e a comercialización do vacún maior a selección do gando sempre foi a nosa principal fortaleza, en consecuencia o negocio foi medrando e os clientes foron demandando o noso producto. Así as cousas, vímonos na obriga de mellorar e ampliar, a nosa capacidade frigorífica, os controis microbiolóxicos, o benestar animal, o control dos procesos productivos... No 2007 sacrificabamos 17.000 vacas ano ano, e a día de hoxe case 60.000.

-¿Iniciativas como estar en Mercamadrid ou suministrar carne ao chef Martín Berasategui axuda a darse a coñecer, ou é o resultado de ter un moi bo producto?

-A orixe do éxito reside na profesionalidade de meu pai e meu tio.

-¿De ónde son os provedores do matadoiro?

-Abastecémonos, fundamentalmente, de gando vacún nado e criado en Galicia, Asturias e o norte de Portugal.

-¿Considera que polémicas coma a da carne mechada ou a corrente animalista e vegana pode afectar ao consumo de carne? ¿Ou o consumidor é consciente dos numerosos controles que pasa a carne ao longo de todo o proceso?

-Nós temos implantado sistemas de autocontrol baseados en estudos rigorosos e cientificamente avalados, sistemas que inclúen a análise dos riscos e o control dos puntos críticos no proceso de fabricación, cun rexistro documental sistemático de todos os procesos e procedementos de control. O risco cero en seguridade alimentaria é imposible de lograr, pero que, con todo, o nivel de seguridade alimentaria actual en España é o máis alto que tivemos nunca. A información que chega ó consumidor en moitos casos non é veraz. O rechazo de consumo de carne responde máis a intereses económicos dirixidos, que nada teñen que ver coa alimentación saudable. No caso da carne mechada, hai que deixar claro que se elabora so con porcino.

Compartir el artículo

stats