| Tres alumnos do IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, foron os encargados de abrir o Encontro Escolar de Repentismo que tivo lugar antonte en Compostela e no que tamén participaron estudantes da illa de Madeira. Branyel Maleno, Paio Mazás e Roi Sebio demostraron o nivel da nova xeración de regueifeiros das Cruces.