| O bodegón Palitos de Lalín acolleu na tardiña de onte a presentación e exposición do cantar de cegos "Lalín eche o demo", que foi editado no 1988. Trátase dunha fermosa obra composta por 22 láminas con texto de Mari Luz Méndez e ilustracións de Paío, unha cuberta cunha peza de Laxeiro, a contracuberta asinada por Aymerich e o limiar por Xosé Paío. Aínda que estaba previsto que Méndez acudira á cita, a lingüista agoladesa disculpou a súa ausencia por motivos persoais. Xosé Payo sí que poudo falar aos presentes sobre a mostra e Paío cantou partes do cantar ante unha audiencia composta por un público moi variopinto.