Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O IES Laxeiro convoca o primeiro Concurso de Ciencia Luis Gustavo

Premia os mellores vídeos de investigación e de ficción - O luns 4 conmemora o Día da Ciencia en Galego con xogos para os alumnos

Luis Gustavo Rodríguez, no Día da Ciencia en 2015. // Bernabé/Gutier

O instituto Laxeiro de Lalín convoca o I Concurso de Ciencia Luis Gustavo Rodríguez Taboada, que leva o nome do xefe de estudos do centro, falecido o 19 de agosto. Nesta primeira edición, o tema será a ciencia e o deporte. O certame está aberto a todos os alumnos de institutos públicos e concertados, e organízase en dous niveis: un para estudantes de primeiro, segundo e terceiro de ESO, e outro para cuarto de Secundaria e Bacharelato.

Pódese participar en dúas modalidades: facendo ou ben vídeos de investigación, didácticos, documentais ou de experimentación, ou ben vídeos de ficción ou monólogos de humor. En calquera caso, teñen que durar entre tres e cinco minutos e deben empregar a lingua galega. O prazo de presentación será dende o 16 de novembro ata o 17 de febreiro do ano que vén. Hai un único premio por categoría e modalidade de 500 euros. O xurado estará conformado por docentes do centro, e dará a coñecer o nome dos gañadores durante o mes de maio de 2020.

Por outra banda, o vindeiro luns, día 4, este instituto conmemora o décimo Día da Ciencia en Galego, unha actividade na que participan todos os departamentos do centro. Nesta edición, a xornada céntrase en Dmitri Mendeléiev, o creador da primeira táboa periódica dos elementos químicos, en 1869, e o químico lucense Luis Liz, Premio Nacional de Investigación en 2018. No salón de actos e ao longo da mañá, todos os alumnos poderán contemplar unha táboa periódica feita en galego e en cartulina así como unha molécula de ADN elaborada a base de latas de refrescos e de auga. Haberá xogos de lóxica, un obradoiro sobre reciclaxe e, como novidade, visita aos talleres de Mecatrónica e Electricidade.

Compartir el artículo

stats