22 de octubre de 2019
22.10.2019

Instalan cargadores solares na nova alameda da Estrada para dispositivos electrónicos

22.10.2019 | 01:25
Un destes elementos. // Bernabé/Cris M.V.

A alameda municipal da Estrada asistiu onte ás obras de instalación de dous puntos para a carga, emprengando a enerxía solar, de teléfonos móbiles e outros dispostivos electrónicos, unha actuación contemplada no marco da reforma deste espazo e que se encaixa no impulso ás tecnoloxías da información e da comunicación.

Estes elementos quedaron colocados na Praza da Constitución e na última das prazas da nova alameda, ao pé da rúa Castelao. Polo de agora non se proporciona wifi gratuita aos usuarios.

Por outra banda, o alcalde, José López Campos, avanzou que este xoves A Estrada recibirá a visita dunha delegación europea en relación aos investimentos de fondos como os que fixeron posible a reforma deste espazo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia