Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Sonia Martínez Buján: "Os inmigrantes adoitan ter unha percepción negativa do agro, porque teñen unha visión antiga"

"A principal función deste curso é orientalos no ámbito laboral e que adquiran coñecementos para traballar nunha explotación"

Sonia Martínez, onte, na primeira clase do curso de gandería e agricultura. // Bernabé/Javier Lalín

Dende finais do mes de agosto, o Concello de Lalín puxo en marcha un programa formativo dirixido para a poboación inmigrante. A principal función desta iniciativa é favorecer a obtención de coñecementos nas diferentes actividades laborais que se imparten. Por segundo ano consecutivo, o curso de gandería e agricultura comenzou onte pola tarde no Espazo Xove de Lalín con arredor de 15 alumnos. A encargada de impartir este curso é Sonia Martínez Buján, unha enxeñeira agrícola comprometida coa formación das persoas que dispoñen de menos recursos.

-Cal é a temática do curso de gandería e agricultura?

-A primeira parte da programación da actividade vaise centrar nos conceptos principais da agricultura e nos cultivos da zona que son, principalmente, a herba e o millo. Tamén haberá unha parte xeral de gandería onde falarei das explotacións de porcino e avícolas. Nos seguintes temas centrarémonos, sobre todo, no vacún e leite xa que son as explotacións maioritarias na comarca e, por último, faremos unha introdución á gandería e agricultura ecolóxica. Ademais, informaremos sobre as prevencións de riscos laborais e algúns contidos sobre a maquinaria.

-As clases teñen unha duración de cinco horas. Como é a súa organización?

-As clases van ser de 16:00 a 21:00 horas. De teoría vamos impartir 50 horas e 30 de prácticas. Comezaremos polas clases teóricas nas que tamén se engadirán vídeos e outras actividades para facer máis amena a materia. Mentres que as prácticas consistirán en visitar granxas de vacuno, porcino e agrícola. Os últimos catro días haberá, como novidade, prácticas nas granxas que visitemos previamente. En grupos de dúas ou tres persoas comezarán a traballar nesas explotacións.

-Cal é o obxectivo principal deste programa de servizo aos inmigrantes?

-A principal función é orientalos no ámbito laboral e que vexan como sería traballar nunha explotación. Comezamos pola teoría xa que algunhas das persoas non coñecen cal é o traballo que se realiza. Este curso xa se iniciara o ano pero só coa parte das visitas, polo que esta nova edición decidimos amplialo engandindo a parte práctica para que sexan máis conscientes do traballo que se realiza.

-Cantas persoas participan neste programa formativo?

-Participan arredor de 15 persoas, unha cifra similar a do ano pasado. Polo xeral, a idade media rolda os 40 anos e a maioría procede de Marrocos, Cuba, Portugal e Ucrania.

-Cales son os principais problemas aos que se enfrontan os participantes deste curso?

-Normalmente a barreira do idioma xa a teñen superada polo que o principal problema é o descoñecemento. Adoitan ter unha percepción moi negativa do que é o traballo no campo porque teñen unha visión antiga e non son conscientes de que agora está todo máis mecanizado. Moitos, ás veces, non o consideran unha saída laboral.

-Nota unha evolución nos coñecementos dos alumnos durante o mes de duración do programa?

-Si, si que cambia a súa percepción e os seus coñecementos. Polo xeral, nos seus países de orixe este sector non está tan desenrolado polo que se sorprenden dos avances que hai e danse conta de que xa non é un traballo tan duro en comparación con fai 50 anos. Mesmo algunhas persoas xa comezaron a traballar nalgunhas granxas nas que estiveron facendo prácticas. Este é un sector no que fai falta moita man de obra, o único que é necesario é que sexan persoas preparadas e que teñan os coñecementos que se requiren.

-É a primeira vez que imparte o curso de gandería e agricultura?

-Non, esta é a segunda vez que participo neste programa. Ademais, adoito facer un intercambio coa profesora que imparte o curso de cooperativismo. Nel imparto unha charla na que falo sobre a miña experiencia persoal xa que traballo nunha cooperativa. Mentres que a outra profesora explícalles aos meus alumnos as distintas maneiras de búsqueda de emprego.

Compartir el artículo

stats