14 de septiembre de 2019
14.09.2019

Colectivos de Vila de Cruces e Agolada van de ruta polo sur da provincia

14.09.2019 | 02:22

O programa En Ruta coa Depo organiza esta fin de semana 19 excursións con participación de 1.330 personas de trece concellos. Entre elas figuran 54 integrantes da Asociación de Mulleres Rurais de Toiriz (Vila de Cruces), que viaxan hoxe ata O Rosal para coñecer a Ruta dos Muíños e a fortaleza de Goián, mentres que Xeración Nós, de Borraxeiros (Agolada), acode mañá ás Illas Cíes. Amais, 54 persoas da Asociación Xestas de Vigo realizan hoxe o percorrido Camelias señoriais e Ruta das Maceiras, que as leva ata o Pazo de Oca e Callobre (A Estrada), a onde irán mañá outras 54 de Mulleres Rurais Trabanca Sardiñeira, de Vilagarcía.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia