Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Singular cambio de placa na Algarabía

O acto do bautizo do espazo público como Praza das Pipas estivo marcado pola desaparción da chapa orixinal de Praza da Torre

Fernández, Fondevila e Otero (que ofreceu o pregón) forman o grupo Nós e onte tocaron na sesión vermú. // Bernabé/Javier Lalín

A Algarabía de Lalín é unha manifestación cultural autoxestionada polo coletivo O Naranxo e os seus colaboradores e, con esta filosofía, chegou esta fin de semana á súa 33ª edición. Tampouco é, que tamén, un evento no que a improvisación, anque base a un programa de actos previamente organizado sorprende sobre todo aos foráneos que disfrutan coa música e as distintas creacións artísticas que conflúen nunha cita que ten entre os seus actos máis singulares o cambio de placa do espazo público situado enfronte á estatua de Loriga para bautizalo como Praza das Pipas; así como é coñecido por moitos lalinenses que superaron xa hai moitos anos a adolescencia.

Porén, este acto "protocolario" foi onte un tanto estrano, porque a organización deuse de conta que á hora de colocar o cartón coa denominación temporal de praza faltaba a reglamentaria de Praza da Torre. Esta manobra xurdeu anos atrás, cando céntrico espazo da vila lebava o nome de Calvo Sotelo.

Polo demais, a festa comezou na noite de onte na rúa Matemático Rodríguez -pechada ao tráfico- cos concertos de Mentah, Krise, Grima e Meu. O músico Benxa Otero foi o encargado de ler o pregón, pouco antes de que xunto con Diego Fernández e Sandra Fondevila ofrecese o concerto da sesión vermú co trío Nós.

Quizais, polo retraso dos actos sobre o horario previsto, finalmente non houbo carreiras en zapatos de tacón pola rúa Wenceslao Calvo Garra. Xa pola tarde a actividade lúdica, tralo picnic no parque de Loriga, trasladouse a esta zona. Pola noite, preto do lago do Pontiñas, tocaron: Tiro na Testa, Falperrys, Malavita e Blowfuse. A Algarabía remata hoxe con propostas desde o mediodía e ata o peche, co concerto de ITH, ás 20.00 horas.

Compartir el artículo

stats