-Ese cargo como portavoz do BNG da Estrada vai para largo ou toda vía é algo que deben debater neses cambios internos que teñen previsto tratar dentro do partido da Estrada cando pasen os meses de verán?

-En principio quedo. Polo de agora non hai quen queira poñerse no meu lugar así que xa me quedou a min. Polo menos os próximos catro anos vou estar eu aí.

-Despois de catro anos xa virían outras eleccións municipais e entendo que iso xa é algo que si deben debater dentro da asemblea do BNG.

-Efectivamente. Cando hai unhas eleccións o encabezamento da lista non é algo que decida eu. É unha cuestión de listas que se deben debater nunha asemblea. Aí poden pasar moitoas cousas e non se pode facer unha previsión a futuro.

-A nivel persoal, este paso adiante dentro do partido, suporá tamén un reto importante para vostede...

-Si, a nivel persoal é un reto enorme. Ata o de agora eu estaba vivindo a política dun xeito máis teórico. Era unha maneira de afrontar a política dun xeito, entre aspas, máis doado. Unha vez din este paso xa debo combinar a política coa propia vida. Hai que combinalo co traballo, que non é fácil, e cosas responsabilidades persoais, que tampouco é fácil. Ao final tes lle que adicar moito tempo que quitas de onde non o tes. Está claro que é un reto pero tamén é un reto demostrarme a min mesma que podo facer este traballo dun xeito digno polo menos.