O departamento de Igualdade de Silleda continúa nas Festas de Verán da Bandeira, que arrancan este xoves, coa campaña Non é NON para sensibilizar á cidadanía contra as agresions sexuais e o acoso ás mulleres durante as festas locais, coa intención de que todos e todas disfruten dos festexos en condicións de igualdade. A iniciativa púxose en marcha de xeito pioneiro en toda Galicia e xa pasou tanto polas Festas de Verán de Galicia como pola Romaría da Tortilla de Laro.

O obxectivo prioritario de Non é NON é comunicar e difundir unha mensaxe clave de prevención do acoso e as agresións sexuais, instando a comportamentos de respecto e de recoñecemeto de que o 'non'. tamén en festas, ten que ser respectado.

Así, na localidade da Bandeira vaise colocar un stand-caravana, con personal cualificado e tamén voluntarias formadas ao respecto, cun soporte comunicativo para facer chegar a mensaxe ao conxunto da cidadanía e de paso protexer ás vitimas potencias. Tamén quere informar ás persoas participantes nas festas do protocolo que ha que seguir no suposto de detectar ou sifrir unha agresión sexista.

A esta medida de prevención de acoso e agresións sexuais tamén se sumará Lalín, que prevé contar cun punto de información violeta durante os cinco días de festexos das Dores, que serán do 20 ao 24 do mes que vén.