O Partido Popular de Vila de Cruces cuestiona a maneira de gobernar do actual goberno. "Congratulámonos de que dende o goberno en formación que actualmente rexe o noso Concello se vexan con bos ollos propostas que formaron parte do programa electoral co que a nosa formación concorreu ás ultimas eleccións muncipais ata o punto de que se transcriban case literalmente". Propoñía establecer un punto único de saida para as liñas de transporte público de viaxeiros e a colocación de paneis informativos.

Indica que "resulta confuso, non obstante, que o único compoñente do grupo municipal socialista, traslade ao equipo de goberno de Vila de Cruces, do que tamén forma parte, unha proposta de creación dunha única parada de buses, porque o que finalmente está a facer é reclamarse a si mesmo a toma dunha decisión que está na súa man, cando o normal, sería que o equipo de goberno, no seu conxunto, abordaran e consensuaran as iniciativas que consideren oportunas e propuxesen levalas a cabo". Os populares non entenden esta fórmula: "porque se cada vez que vaian a tomar unha decisión temos que esperar a que individualmente un dos grupos que compoñen o goberno llo traslade ao resto so para resaltar que ideario político propón cada actuación, ardua tarega de xestión se espera para cada procedemento". E considera que por agora so se trata dunha forza "cun ideario político, o PSOE, que con só unha representante intenta marcarlle o camiño á formación liderada polo alcalde, ata o de agora desaparecido, cuxa formación conta con tres presentantes". O PP pregúntase "que pasará cando teñamos que engadir un terceiro protagonista con ideario políticio, o BNG, ao rompe cambezas se tamén quere que cada decisión a tomar leve a impronta da súa formación de forma indiviudalizada e poñeránse de acordo ao momento de definir que proposta e de cada quen?

Quere insistir na importancia de que o alcalde investido asuma a responsabilidade de formar o equipo de goberno coa definición de áreas e funcións correspondentes e que unha vez formado funcione como tal, tomando as decisións de forma conxunta e indistinta respecto das súas formacións políticas de procedencia, "porque de non ser así corremos o risco de parálise de moitas actuacións que xa estaban en marcha".