O alcalde de Agolada, Luís Calvo, desplazouse onte ao centro médico para coñecer en primeira persoa as deficiencias que padecen as instalacións e para abordarlas co persoal, algo que xa se tratara en varias ocasións co anterior equipo de goberno. O mandatario manifesta que rexeitarán a cesión do ambulatorio ao Sergas, que segundo el, aínda estaba en trámites, porque considera que é a mellor opción para ofrecer un bo servizo aos veciños.

"O centro médico é do Concello e para cedelo ao Sergas habería que preguntarlle ao pobo non porque rompera a caldeira da calefacción ou porque chova hai que cedelo ao Sergas para non asumir eses gastos, que son mínimos", indica o rexedor. Afirma que deu orden para que non se mandasen os papeis que faltaba para facer o trámite efectivo. "Comuniquéillo ao secretario e xa estamos seguindo os pasos para facerllo chegar á Consellería en breve". En canto ás vantaxas que poida ter que este edificio siga dependendo do Concello, Calvo manifesta que son que "de esta forma basta cunha chamada para que sean atendidos e da outra maneira coa burocracia hai máis tramitación e leva máis tempo, porque por exemplo, se pasa algo no cableado, envíase un electricisista e resólvese o problema". Afirma que o persoal do centro comunicóulle que está a favor desta decisión. "E díxenlles que fagan as peticiones necesarias porque aí non podemos escatimar en gastos". Será despois de xullo, cando remanten todos os campamentos musicais que se celebran na localidadade, cando os operarios arreglen o cableado e unhas goteiras que padecen as instalacións.