Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A Rapa das Bestas de Xoel

O relato no que un rapaz de Sabucedo e Quireza describe o que sente queda finalista nun certame ao que concorren 2.000 alumnos

Xoel Pereiras Calvo, dacabalo, no monte, con Sabucedo ao fondo, e sobre un poldro, curtíndose no curro co seu pai, Vicente.

Todos nós, os que estamos na terceira idade (ou idade xubilosa) ao botar á vista atrás sentímonos Balbino, o rapaz de aldea que maxistralmente saíu da pluma de Neira Vilas. Pero agora os maiores e tamén os mozos e mailos nenos temos entre nós un novo fabulador que vai dar moito que falar nos próximos tempos. Trátase dun rapaz de Sabucedo e Quireza de onde son naturais os proxenitores, que cun relato sobre a rapa das Bestas describe os sentimentos dun neno que ao abeiro do pai se inicia nas tradicións e festa do seu pobo.

Este rapaz é Xoel Pereira Calvo de dez anos, "un neno do rural galego, namorado da súa vida", que participou na categoría de primaria no VII Certame de Relato Curto, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra, como alumno do CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo-Cotobade, quedando finalista dun certame, no que participan uns dos mil alumnos.

No seu relato Xoel abre o seu corazón a eses sentimentos íntimos dun rapaz que comeza a facerse home e que fai que a todos os que vivimos esta festa o corazón nos bata sen parar, a lingua quede como a herba seca e se nos poña a pel de galiña. Coméntanos a seu pai Vicente Pereiras, emocionado e cheo de orgullo: "un relato onde describe o que todos sentimos en palabras dun neno."

Falta menos dun mes, para a celebración desta gran festa tradicional e popular, a Rapa das Bestas de Sabucedo, declarada de interese Turístico Internacional. E que mellor preparación para ese días que ler este relato que Xoel tan xentilmente ten a ben compartir con todos os lectores de FARO DE VIGO.

" Un sentimento. Moitas aldeas hai por Galicia, pero a miña é moi particular. Trátase dun lugar con apenas 40 veciños entre ríos e outeiros, carballeiras centenarias e diminutos prados, onde hai moitos camiños de pedra e numerosos muíños.

Un pobo unido cheo de tradicións e costumes. Son un neno do rural galego, namorado da miña vida.

Na miña aldea celébrase na primeira fin de semana do mes de xullo a Rapa das Bestas.

Cando era ben pequeno, a miña nai levábame ao curro, vía aloitar o meu pai, o meu tío? con aquelas bestas que me parecían moi grandes e fortes, e cando apenas era un rapaz meu pai deume unha vara de moca que con agarimo gardei ata o día da baixa.

E, sen contar, un día meu pai díxome: mañá vas vir a Montouto, a baixar as bestas. Levo a moca á miña habitación e póñoa aos pés da cama; ela debeu durmir, pero eu nada, sentía un ruxerruxe que non paraba, o sangue viaxaba moito máis rápido polo meu corpo.

Miña nai fixo que tomase unha boa cunca de leite. Dicíame: tes que comer, o día é moi longo no monte.

Collo a moca, poño unha gorra; xa estou preparado para a miña aventura máis esperada. Os ollos fánseme grandes para ver as primeiras bestas. Imos amodiño, sen facer ruído, escollendo os mellores camiños entre os toxos. Meu pai dime que, se veñen as bestas, levante a moca ao aire e berre: "Gho, gho, gho!". De repente, as bestas botan a correr e meu pai bérrame: "Corre, corre?.". Mirei as bestas, elas ampeaban, eu tamén; sentín que xa non era o mesmo, a paixón polas bestas e pola natureza fíxome medrar.

Porque hai algo moi fondo que esta no meu ADN. Un sentimento, unha maneira de ser".

Compartir el artículo

stats