Este domingo, ás 19.00 horas na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, de Gres, terá lugar a presentación do libro gañador da terceira edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta para nenos e adolescentes. Na presentación de Detrás dos perdidos van intervir ademas do autor, Pedro Rielo, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o crítico literario e membro do xurado, Armando Requeixo, o presidente da fundación, Fernando Redondo, e o responsable de Edicións Embora, Miguel Toval.

Pedro Rielo naceu en Pontevedra, é licenciado en Ciencias da Información e traballa como reporteiro de directos na TVG. Foi, tamen, redactor de informativos en Antena 3 Televisión e correspondente cultural en Madrid para a Radio Galega. Traballou ademais en diversos medios de comunicación escritos. No ámbito literario, ten publicados os poemarios Illado na incerteza (publicado en 2002 pola editorial Espiral Maior) e As palabras furtivas (tamén na mesma editorial). Asina tamén a biografía literaria Ovidio Murguía (da colección A Nosa Memoria, da Consellería de Cultura). Este galardón da fundación de Gres ten unha dotación económica de 1.000 euros.