Un grupo de alumnos e de profesores do centro educativo Auguste Viktoria Schule da cidade de Hamburgo, que están a participar este días nun intercambio co IES Laxeiro, tomaron parte onte nunha recepción na Casa do Concello de Lalín, a cargo da tenente de alcalde Paz Pérez e da concelleira de Educación, Eva Montoto. No acto tamén estivo presente profesorado e alumnado do instituto lalinense, onde Pérez transmitiulle en nome do alcalde e deulles a benvida a Lalín, "un pobo acolledor, que é a vosa casa. Unha localidade próxima a Santiago, meta final do Camiño de Santiago, que tamén pasa polo municipio". Tanto Pérez como Montoto desexáronlle a expedición xermana unha agradable estancia e convidáronos a que volvan a Lalín. Así mesmo, técnicos do departamento municipal de Turismo organizaron unha visita guiada aos visitantes hamburgueses polos distintos espazos máis emblemáticos do recinto do Castro Tecnolóxico.