19 de junio de 2019
19.06.2019

O legado do pai de 'O Naranxo'

A presentación da biblioteca familiar de Ramón de Valenzuela e Mariví Villaverde doada polo seu fillo á Asociación Cultural Vista Alegre inaugura a Semana Cultural 2019

19.06.2019 | 02:17
Aspecto que presentaba onte o Centro Cultural Vista Alegre no inicio da Semana Cutural adicada a Ramón de Valenzuela. // Bernabé/Javier Lalín

O Centro Cultural Vista Alegre, en A Bandeira, acolleu onte o multitudinario acto de presentación da biblioteca familiar de Ramón de Valenzuela e Mariví Villaverde doada polo seu fillo Fernando. O evento abre a Semana Cultural de 2019 da asociación, que está adicada ao autor de O Naranxo, e que terá continuidade ata o venres. A conferencia inaugural estivo a cargo da catedrática Carmen Mejía Ruiz e o acto institucional contou con familiares e persoeiros da cultura e da política.

A Bandeira rendiuse onte de novo á figura de Ramón de Valenzuela. A presentación da biblioteca da familia doada á Asociación Vista Alegre reuniu a un grande número de público no edificio do colectivo e serviu para inaugurar oficialmente a Semana Cultural deste ano que está adicada á figura do autor de Non agardei por ninguén e Era tempo de apandar.

O evento comezou pouco despois das oito da tarde coa presencia de familiares e autoridades. En torno as oito e media foi o turno do acto institucional, que contou coas intervencións de Dolores Sangiao Cacheiro, presidenta da Asociación Cultural Vista Alegre; Victor Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia; e Manuel Cuíña, alcalde de Silleda. Todos eles loubaron ao escritor e galeguista nun emotivo e sinxelo acto protocolario. Coincidiron en suliñar o importante legado de Ramón de Valenzuela e a necesidade de reivindicalo na súa dimensión literaria e política. Compre lembrar cos 1.900 libros e revistas doados o ano pasado polo fillo de Valenzuela, Fernando, foron enviados dende Madrid e que Vista Alegre encargouse de facer o correspondente inventario.

Acto seguido tomou a palabra Carmen Mejía Ruiz, doutora en Filoloxía Románica e profesora titular de Filoloxía Románica na Facultade de Filoloxía da Universidade Complutense de Madrid. Mejía foi presentada por Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e impartiu a conferencia inaugural da Semana Cultural de Vista Alegre. A charla serviu para que Mejía amosara o seu perfecto coñecemento da vida e obra do pai de O Naranxo. Carmen Mejía Ruiz é unha destacada estudiosa do exilio dos escritores galegos e cataláns no franquismo.

O evento celebrado onte rematou cun convite aos asistentes, que aproveitaron para percorrer polo miúdo a mostra sobre Valenzuela. E é que a asociación da Bandeira tamén conta nas súas instalacións cunha exposición permanente sobre a vida e a producción literaria deste sobranceiro veciño.

Próximos actos

A Semana Cultural seguirá hoxe cunha mesa redonda sobre a figura do escritor, baixo o epígrafe de Memoria, galeguismo e resistencia. Os poñentes serán Marga Romero Lorenzo, Xoán Carlos Garrido Couceiro e Matías Rodríguez da Torre. Mañá, a partires das 20.00 horas, o grupo de teatro Medias Verdes, da Bandeira, poñerá en escea a peza Obra biográfica de Ramón de Valenzuela. Para rematar, o venres, ás 20.30 horas, será o turno para Xirandola que representará un baile inspirado en O Naranxo, o libro de contos que publicou Valenzuela no 1974.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook


Especial Navidad 2019

En estas fiestas, sobran los motivos para brindar con elaboraciones de Galicia, que despiden el año con un gran balance en todos los sentidos